Eventos
A universidade de Santiago, na sede do campus Terra de Lugo organiza un campamento científico para alumando de 4º ESo e 1º Bacharelato.
Do 2 ao 6 de xullo estaredes inmersos nun ambiente científico e lúdico ideal para aprender e divertirse. Polas mañás teredes actividades practica e obradoiros, e polas tardes actividades en grupo e sociais.
-Fotosíntese artificial -Guiado de tractores con GPS -Enerxías do futuro...
e moito mais. O custo do campamento é de 150€ con pensión completa.
Tedes toda a información nesta ligazón.
Prazo de inscrición ata o 6 de maio!!
Aquí podedes descargar os apuntes sobre o tema dos plásticos da 3ª avaliación
Por unha alimentación saudable. Cada día, durante dúas semanas, o alumnado terá a súa disposición durante os recreos froita variada. Hoxe toca melocotón.
Parabéns a Iría Sánchez Del Río de 3º ESO polo 3º Premio de narrativa na segunda categoría (dos 14 aos 17 anos) co traballo Noite de lóstregos.
Aquí tedes os apuntes do tema de materiais cerámicos e de construción. LIGAZÓN
Estade moi atentos porque o vindeiro 16 de maio terá lugar a estrea mundial (en exclusiva en XEMA.TV) de dúas series ideadas e realizadas polo alumnado do IES Xulián Magariños.
Paciencia... ata ese día podedes visionar os trailers de presentación.
N.E.S.A : Rompendo os escáneres
(Nun mundo rexido por adultos, rumores e Donald Trump, catro rapazas ensinaránnos a ... romper os escáneres)
O que non se ve
(Cinco alumnas chegan novas ao Internado Xulián Magariños. O que non saben é o que se agocha dentro...)
Que non sabedes onde visionar os trailers? Tedes a ligazón a XEMA.TV no menú principal da cabeceira desta web, xusto debaixo do nome do instituto.
Segundo comentan os nosos enviados especiais a Londres, a viaxe de estudantes de 3º de ESO, acompañados polos profesores Clara Rodríguez e Amancio Liñares á capital inglesa está a ter unha intensa actividade cultural. Podedes facer o seguimento en exclusiva na nosa páxina de Facebook, que contén todo o apoio gráfico.
A Deputación da Coruña encargou a elaboración dun video interactivo para conmemorar María Victoria Moreno con motivo do Día das Letras Galegas. A proposta consiste nun xogo con dez preguntas e un premio virtual que permite achegarse á traxectoria da cuarta muller á que a Real Academia Galega dedica o Día das Letras Galega. De acertar, iranse sumando puntos para a recompensa final, virtual e relacionada coa autora. De non acertar, o xogo ofrece un vídeo explicativo que conduce á resposta correcta. Consideramos que este video pode ser unha ferramenta acaída para difundir a obra e a biografía de María Victoria Moreno entre o alumnado.
Mañá un grupo de alumnos/as de 4º ESO e 2º BAC acudirán coa profesora Elena Paredes a visitar a EASD Mestre Mateo de Santiago, onde poderán coñecer a ampla oferta de estudos artísticos e as instalacións.
Os equipos de producción e o plató de XeMa.TV, a nosa canle de televisión escolar, están que non paran. Na ligazón de XeMa.TV que tedes no menú superior desta páxina teredes acceso a programas tan interesantes como:
- Entrevista a Xurxo Mariño, biólogo e neurofisiólogo, que deu unha charla no noso centro fai uns días.
- Novos episodios das series NESA e O QUE NON SE VE
Non volo perdades!
MÁIS PREMIOS PARA O ALUMNADO DO IES XULIÁN MAGARIÑOS:
Premios de pintura ¨Negreira en cor¨ do concello de Negreira na categoría de 13 a 18 anos:
- 1º premio - Laura Rodríguez Capeáns, pola obra A colleita de 1º ESO C
- 2º premio - María Suárez Canoura, por Paisaxe de 3º ESO C
- 3º premio - Paola Enjo Lueiro, coa obra Orange de 4º ESO A
Os premios consistiron nun vale en metálico de 200, 100 e 50 euros, respectivamente, e en cuxa entrega participaron o alcalde de Negreira, Jorge Tuñas Caamaño, e maila concelleira de Educación, María Jesús Veiga Hortas.
PARABÉNS UNHA VEZ MÁIS!!!
O xoves, día 24 de maio, celebramos un emotivo acto de graduación (1ª vez que o facemos), para despedir ao noso alumnado de 2º BACH. Tivo lugar no salón de actos (que encheuse completamente) estando invitadas as familias e todo o profesorado. Fixo a presentación o director do centro, Adelino José Pose Reino, a continuación a titora, María Rey Rey e a xefa de estudos, María Branco Crespo tomaron a palabra en nome do profesorado e para finalizar interviñeron Fátima Fathallah Ezzine e José Caamaño Noya que deron a réplica por parte do alumnado. Como presentadora a vicedirectora, Clara Rodríguez Núñez e tamén estivo na mesa de presidencia o titor Paulo Rendo Martínez. No trancurso do acto fíxose entrega de diplomas ao alumnado e proxectouse un vídeo sobre a súa estancia no instituto. A destacar as fermosas actuacións musicais de Lara López Súarez acompañada na guitarra por Samuel Lema Capeáns e a de Jonathan Blanco Vieites coa que finalizou o acto. Moita sorte na vosa nova etapa.
Próximamente teredes á vosa disposición as fotos do acto e tamén o vídeo en XeMa.TV.
ÚLTIMOS DÍAS PARA PRESENTAR AS PROPOSTAS A CONCURSO.
O alumnado ao que lle guste o deseño gráfico ten a oportunidade de amosar o seu talento deseñando o logotipo para o IES Xulián Magariños.
Tedes de prazo ata o 25 de maio, así que animádevos!
Mañá venres, 25 un equipo composto por 4 alumnas de 4º de ESO, acompañadas do profesor Amancio Liñares, participarán na I olimpiada galega de Historia na facultade de Historia do campus de Ourense. Moita sorte!
P.D:O noso equipo chámase O Kalivera 30 H. P. (nome dunha das novelas curtas do escritor Xulián Magariños Negreira).
Adxúntase nota informativa sobre as probas do Réxime Libre do ciclo de Comercio
Mais información sobre o réxime de proba libre
O alumnado de 3º de ESO dentro das actividades organizadas polo departamento de Tecnoloxía, preparou unha exposición sobre os materiais plásticos e a súa problemática actual. Nela se poden ver os diferentes tipos de plásticos de uso común, as súas características, as razóns polas que se están a converter nun problema global e o mellor de todo: unha colección de obxectos realizados a partir de plásticos reciclados que nos aportan ideas para darlles un segundo uso a eses materiais antes de botalos ao lixo.
POR FAVOR, en ben do planeta e de todos nós, reduzcamos o uso dos plásticos e colaboremos na súa correcta reciclaxe.
IMPORTANTE: Achégase circular informativa para as familias sobre a Avaliación Final de ESO.
IMPORTANTE: Achégase circular informativa para as familias sobre a Avaliación Final de ESO.
Máis comentarios alabando a publicación do libro "Xente e Terra de Barcala: letras da mocidade" coordinado dende os departamentos de Xeografía e Historia e Galego. Desta vez trátase do profesor e crítico literario Armando Requeixo, a quen agradecemos dea visibilidade a ese traballo colectivo, digno de admiración e eloxio.