Eventos
Este curso a excursión de 4º de ESO cambia de lugar. Despois de varios anos visitando Asturias e Cantabria o alumnado de 4º escolleu Portugal, en concreto Lisboa e arredores como destino. Serán 45 rapaces e rapazas acompañados dos profesores Nuria Araujo, Margarita Gil e José Luis Mateos os que disfrutarán desta viaxe. Moita sorte e que o pasedes moi ben.
Algunha foto (todas dispoñibles no Facebook)
Un grupo de 10 alumnos e alumnas de 3º ESO, 1º BAC e 2º BAC participará na V Olimpiada Filosófica que se celebrará en Santiago. Podedes ver o programa aquí.
Estes días no IES Xulián Magariños procedeuse á colocación dos pictogramas pertecentes ao "Proxecto de adaptabilidade coxnitiva" financiado polo Concello de Negreira, proxecto desarrollado por Aínhoa Rodríguez e Raquel Quintáns.
A finalidade este proxecto é facer accesibles os espazos públicos do noso entorno para as persoas con trastornos do espectro autismo (TEA), trastornos da comunicación (TC) ou discapacidade intelectual (DI).
O vindeiro luns día 9 de abril o noso alumnado participará na fade de zona do club de Debate en Teo. Participarán un total de 18 alumnos/as de 3º e 4º ESO e 1º BAC, saído do centro ás 8:45 e regresando a Negreira ás 20:30
O vindeiro luns 9 haberá unha visita á cidade de Ourense (Teatro clásico, exposición In Tempore Sueborum). Serán 30 alumnos/as desde 3º ESO a 2º BAC das materias de Latín, Grego e Cultura Clásica.
O diario "El Correo Gallego" e a web do concello recollen a excelente noticia.
Noticia en El Correo Gallego 1
O 11 de abril o alumnado de 4º ESO realizou unha visita á depuradora e á potabilizadora de Negreira saindo a segunda hora e regresando a última.
Dous alumnos/as de 2º e 3º de ESO participan na final intercomarcal de Badminton en Serra de Outes.
O alumnado de 3º de ESO traballou durante o segundo trimestre a época do Renacemento nas materias de Xeografía e HIstoria, Lingua Castelá, Lingua Galega e Lingua Inglesa. Ao longo do trimestre foron elaborando unha serie de pósters, tanto traballando en grupo como de forma individual, recabando información en diferentes páxinas web, compartíndoa a través da Aula VIrtual e utilizando a aplicación Postermywall. Aquí tedes unha pequena mostra do resultado, que en breve poderedes contemplar en forma de exposición nos corredores do centro.
Podedes descargar aquí os pósters en formato PDF
A iniciativa do alumnado de 3º que participará na visita a Londres no mes de maio, organizouse a actuación do monologuista Pedro Brandariz o vindeiro venres 13 de abril no Auditorio Novo do Centro Sociocultural de Negreira.
O prezo das entradas é de 5 € co que esperamos cubrir os gastos e recadar unha axuda para a viaxe.
Así que contamos con todos vós. Podedes comprar as entradas na conserxería ou falar con Lara López (3º ESO B)
Moitas grazas pola vosa colaboración!
Publícase a Orde de 21 de marzo de 2018 pola que se convoca concurso de méritos para a selección e o nomeamento da dirección dos centros docentes públicos que imparten as ensinanzas reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación. O prazo de presentación de solicitudes e documentación será de quince días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.
O vindeiro día 16 de abril, o alumnado de 1º ESO asistirá a partir das 11:35 a un videoforum organizado pola Deputación da Coruña sobre muller e deporte, que terá lugar no Auditorio do Centro Sociocultural.
O mércores, día 18, o alumnado de 1º de ESO acudirá ao centro sociocultural de Negreira a unha representación de teatro con música e malabares. Terá lugar ás dúas últimas horas
Os días 20 e 21 de Abril 7 alumnos e alumnas do servzo de mediación do centro acompañados pola coordinadora, Kety Lois , a orientadora, Cristina Galdo, a xefa de estudos, María Blanco, a vicedirectora, Clara Rodriguez e o director, Adelino Pose, asistirán as VI Xornadas da Rede de Centros para unha convivencia positiva, que terán lugar no IES Plurilingüe Fontexería da vila de Muros. O IES Xulián Magariños colabora na organización destes encontros.
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria ven de publicar no D.O.G. a Resolución do 27 de marzo de 2018 pola que se ditan instrucións para a realización da ABAU.
Circular informativa con instrucións e relación do material permitido ou prohibido
O noso centro participa no programa " Enerxía con Conciencia" da Fundación Repsol. Os departamentos de Tecnoloxía e Bioloxía e Xeoloxía están a elaborar co alumnado unha auditoría enerxética para analizar os consumos de enerxía eléctrica, combustibles e auga no día a día do funcionamento do centro co obxectivo de facer unha serie de propostas de mellora buscando a racionalización e eficiencia no seu uso.
Ao longo dos próximos días todos seredes tamén protagonistas destas actuacións... porque ¿que facedes vos para aforrar enerxía?
Coma estes últimos anos, para conmemorar o Dia do Libro o 23 de abril organizaranse diversas actividades no centro.
1. Terá lugar un acto de Colocación de novas placas que darán nome a 7 aulas do centro, recoñecendo a personaxes ilustres de Negreira e comarca ao que asistirán invitados os familiares das persoas homenaxeadas e estará amenizado por unha actuación musical.
2. Nos recreos lúdicos haberá unha CITA A CEGAS cos libros, actividade organizada pola ANPA A Barcalesa.
Tedes todas as fotos do acto no Facebook do instituto.