Eventos
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
12
| 13
all day
O profesorado e alumnado do CM de Comercio mostran ao alumnado interesado os pormenores do Ciclo Medio de Comercio | 14
| 15
| 16
| 17
| 18
all day
"A historia das nosas avoas" recolle unha serie de relatos onde o alumnado de 3º de ESO plasma a infancia e as vivencias das súas avoas, o que lle permite comparar as condicións de vida actuais coas de hai 60 anos. Como ben dí a coordinadora do traballo, Nuria Araújo: "Sen elas a historia sería outra. A do país e especialmente a nosa. Co seu traballo cotián, sen vacacións, conseguiron sacar adiante as súas familias e darlles o que elas apenas tiveron: varios pratos diferentes de comida ao día, educación en escolas todo o tempo necesario, asistencia médica, tempo de lecer... E máis que nada a posibilidade de facer na vida o que se desexa de verdade. De todo iso foron privadas, ou renunciaron para que hoxe nós teñamos máis ao alcance da man os nosos desexos. E nós queixámonos, de case todo. De madrugar, de estudar, de facer mínimas tarefas sen movernos case da casa, dunha casa con todas as comodidades que elas non disfrutaron. E con demasiado tempo de lecer que parece que aproveitamos cada vez peor, mergullados nun mundo que nos contan outros a través de todo tipo de pantallas. Xa non nos gusta a vida en directo. Esa que elas protagonizaron. Ao tempo que traballaban arreo, falaban cos amigos e veciños, con toda a familia, dispostas a colaborar no que fixese falta, aquí e ás veces moi lonxe, en Suíza, Venezuela, Colombia... Coñeceron moitos mundos nos seus propios escenarios, sobre o terreo, non por imaxes retransmitidas por outros en soportes dixitais. Viviron e moitas viven para ensinarnos a ir en persoa a aqueles lugares que soñamos. E para que non se nos esqueza que debemos andar paso a paso o noso propio camiño, aquí están algunhas das viaxes delas. Quixemos recuperalas porque foron protagonizadas polas nosas auténticas heroínas, non polas dos filmes, que xamais foron reais. Estes guións semellan de película, mais non o son. Están escritos desde a verdade do que aconteceu nas nosas casas. Que a luz e a calor das nosas vellas lareiras nos guíen nos camiños que debemos percorrer. Por elas." all day
O próximo domingo 18 de marzo tedes a oportunidade de asistir ao concerto FFF en apoio á viaxe do alumnado de 1º de bacharelato a Dublín. Actuarán os grupos Lost in the woods, Os atrevidos de Barcala e Limagoia. A entrada terá un custo de 3€, para contribuir aos custos da viaxe. Animádeos. Quedamos no salón de actos do IES Xulián Magariños, o domingo 18 ás 18:30 horas, e disfrutaremos dun magnífico concerto de música para escoitar, cantar e bailar! |