Eventos
O último día de clases, xoves 21 de decembro, o departamento de galego organizou unha ruta literaria sobre o poeta X.M. López "Ardeiro", que tivo lugar de 8:45 a 11. Participou na ruta o alumnado de 2º de BAC, acompañados polos profesores María Rey, Noemí Villar, Amancio Liñares, Clara Cristela, Ricardo Rodríguez e Adelino Pose e posteriormente houbo un acto no salón de actos do instituto coa participación do alumnado de 1º de BAC e 4º de ESO.
O IES Xulián Magariños lanza unha nova iniciativa. Unha canle de televisión con entrevistas, debates, entretenimiento, que permitirá facer emisións en directo e tamén contará cun repositorio de programas realizados para ver en calquera momento. E por iso andamos á busca de colaboradores destemidos entre o alumnado, así que se che gusta o audiovisual....contacta con nos !
El Correo Gallego entrevista ao noso director que xa adianta que non renovará na dirección para o vindeiro curso.
O alumnado de 3º ESO relata a historia dunha das súas avoas ou bisavoas acompañada de imaxes.
- Elvira - 1941 (Martín Caamaño)
- Marina - 1946 (Antía Tomé)
- Soledad -1946 (Adrián Arasa)
- Dolores - 1949 (Lara López)
- Avelina - 1928 (Alberto Pisco)
- Maria do Carme - 1945 (Lucía Santander)
- María Preciosa - 1954 (Noelia Mallón)
- María - 1925 (María Antelo)
- Dolores - 1930 (Iria Sánchez)
- Digna - 1931 (Lorena Godón)
- Carmela (Nuria Barbazán)
- Nélida - 1948 (Martina Pais)
- Carmen - 1948 (Favián Alvite)
- Teresa - 1930 (Andrea Losada)
- Filomena - 1927 (Carla Montoiro)
- Ángela - 1936 (Carolina Cunqueiro)
- Rosario - 1945 (María Suárez)
- Justa - 1942 (Rut Mei Pereiras)
- Concepción - 1923 (Valeria Torreira)
- Zohra - 1962 (Aya Fathallah)
- Teresa - 1949 (Dennis Martínez)
- Concepción Pilar - 1944 (Samuel Lema)
- Carmen - 1932 (Raquel González)
E ademáis temos algún vídeo de entrevistas!
VÍDEO: A avoa Chelo cóntanos cousas da súa vida (inclúe tomas falsas !)
VíDEO: A avoa Fátima cóntanos cousas da súa vida en Portugal !!
Dentro das actividades para formación do profesorado do centro organízase durante os dous vindeiros mércores 17 e 24 de xaneiro unhas sesións de traballo sobre protocolos de detección e tratamento da dislexia a cargo da profesora Paula Outón da facultade de Ciencias da Educación da USC.
Aquí tedes os apuntes de electricidade de 3º de ESO cos exercicios que deberedes completar.