Eventos - Filtro:
Lun | Mar | Mér | Xov | Ven | Sáb | Dom |
---|---|---|---|---|---|---|
27
all day
all day
Aquí tedes unha escolma dos mellores relatos de medo que o alumnado preparou co gallo do Samaín. | 28
all day
Concerto didáctico para 1º e 2º ESO ofrecido polo coro Son Elas. Amosarán o proceso de artellamento dunha formación coral contemporánea usando todas as ferramentas que as novas tecnoloxías ofrecen. | 29
| 30
| 1
all day
ACTOS DE PRESENTACIÓN DO LIBRO "XENTE E TERRA DE BARCALA. LETRAS DA MOCIDADE",PUBLICADO POLO IES XULIÁN MAGARIÑOS. O libro ¨Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade¨ aborda aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala. Os seus autores son os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia. O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, quen foi a encargada do limiar da obra. Na primeira quincena de decembro vaise facer a presentación pública do libro Xente e Terra de Barcala. Letras da Mocidade, coas seguintes convocatorias: - En NEGREIRA: Auditorio do Centro Sociocultural. Venres, 1 de decembro ás 20:30 h. - Na BAÑA: Centro Social e da Terceira Idade. Venres, 15 de decembro ás 20:30 h.
| 2
| 3
all day
O pasado día 1 presentouse no centro sociocultural de Negreira o libro Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade. A prensa, como non podía ser menos, foi testigo deste emotivo acto. (Ir á noticia)
|