Eventos
Tras varios anos estropeado, por fin está arranxado o ascensor do edificio novo, que facilitará o desprazamento as persoas que o necesiten e facilitará tamén labores de traslado de cargas pesadas. Ademáis este fin de semana rematou o asfaltado do novo parking lateral que permitirá usar o parking da entrada como espazo para diversas actividades escolares e lúdicas.
O vindeiro martes 7 de novembro o alumnado de 1º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade. Organiza o departamento de CCNN
Alba García, Fátima Fathallah, Brais García e Jonathan Blanco (estudantes e participantes no Club de Debate do IES Xulián Magariños de Negreira, que achegarón ideas para o futuro da lingua entre a xente moza)
LGx15. O futuro da lingua galega
Este curso desenvolvemos no Centro dous Plan Proxecta: Quérote+, para alumnado de 3º ESO e Apuntámonos a non beber para alumnado de 1º ESO.
http://www.edu.xunta.gal/portal/node/23611
O vindeiro Luns 13 de Novembro, o director do Centro, Adelino José Pose Reino, participará no Politécnico de Conxo nunha Mesa Redonda para Formación avanzada de directores e directoras o título é "As necesidades de formación na dirección de centros".
O vindeiro martes 14 de novembro o alumnado de 3º de ESO viaxará a A Coruña para coñecer os museos científicos da cidade acompañado por profesorado dos departamentos de Tecnoloxía e Ciencias Naturais.
O proxecto "Nicradome: Sistema de conectores rápidos para ensamblado de cúpulas xeodésicas" ven de obter o premio Desafío Impresión 3D na categoría senior nos Premios de Innovación Educativa "Desafío STEM" convocado pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria. Parabéns a todo o alumnado da materia de Modelado e Impresión 3D do curso 2016-2017 e especialmente a Fátima Fathallah, Miguel Ángel Corral, Miguel Blanco e Brais García, titorizados polo profesor Jesús García.
Deseñouse un sistema de 26 conectores imprimible nas impresoras 3D do instituto, fácilmente escalables e adaptables a todo tipo de listón cadrado de madeira, de xeito que permiten a rápida montaxe de cúpulas xeodésicas de tipoloxía 2V de tamaño variable.
Durante esta semana podedes ver na entrada a exposición micolóxica organizada pola Asociación Sendeiriña con cogumelos recollidos na comarca do Val de Barcala.
Alumnado de 2º de Bac difundiu o proxecto de fabricación de conectores para cúpulas xeodésicas na maior mostra científica escolar que se celebra en Galicia. Galiciencia tivo lugar os días 22, 23 e 24 de novembro en Ourense.
Aquí tedes unha escolma dos mellores relatos de medo que o alumnado preparou co gallo do Samaín.
Concerto didáctico para 1º e 2º ESO ofrecido polo coro Son Elas. Amosarán o proceso de artellamento dunha formación coral contemporánea usando todas as ferramentas que as novas tecnoloxías ofrecen.
ACTOS DE PRESENTACIÓN DO LIBRO "XENTE E TERRA DE BARCALA. LETRAS DA MOCIDADE",PUBLICADO POLO IES XULIÁN MAGARIÑOS.
O libro ¨Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade¨ aborda aspectos coma Xeografía, Historia, Arte, Economía, Etnografía, poboación ou personaxes, das 33 parroquias que conforman a comarca de Barcala. Os seus autores son os alumnos de Historia, de Primeiro e Segundo de Bacharelato do Instituto Xulián Magariños, coordinados polos profesores: Nuria Araúxo García; María Blanco Crespo; X. Amancio Liñares Giraut e María Rey Rey, dos departamentos de Lingua Galega e de Xeografía e Historia. O proxecto conta ademáis coa colaboración da profesora e escritora Fina Casalderrey, membro da Real Academia Galega, quen foi a encargada do limiar da obra.
Na primeira quincena de decembro vaise facer a presentación pública do libro Xente e Terra de Barcala. Letras da Mocidade, coas seguintes convocatorias:
- En NEGREIRA: Auditorio do Centro Sociocultural. Venres, 1 de decembro ás 20:30 h.
- Na BAÑA: Centro Social e da Terceira Idade. Venres, 15 de decembro ás 20:30 h.
O pasado día 1 presentouse no centro sociocultural de Negreira o libro Xente e Terra de Barcala. Letras da mocidade. A prensa, como non podía ser menos, foi testigo deste emotivo acto. (Ir á noticia)