Skip to Content

Erasmus+

Erasmus+, primeira mobilidade curta: Liceo di Lugo (Emilia Romagna, Italia)

Nunha curiosa coincidencia xeográfica, a primeira mobilidade do proxecto "Abrindo mentes para non deixar a ninguén atrás", estase a desenvolver actualmente en Lugo, na rexión de Emilia Romagna en Italia.

Do 22 ao 29 de outubro, un grupo de estudantes de 4ºESO acompañado por dúas profesoras está vivendo unha experiencia de inmersión única, aloxándose en familias locais e participando nun programa que inclúe visitias culturais emblemáticas como Florencia, Bolonia e Rávena. Ademais, polas mañás teñen a posibilidade de coñecer como é o sistema educativo italiano, asistindo a algunhas clases no Liceo Ricci Curbastro. En maio teremos a oportunidade de acoller a estes 12 alumnos italianos no noso centro

O programa contempla ademais outras mobilidades ao longo do curso: 2 prazas para mobilidade longa a Lugo (Italia) para alumando de 4ºESO, 9 prazas de mobilidade curta a Cesis (Letonia) para alumnado de 1ºBAC.

Na seguinte imaxe pódese ver a recepción no concello (Comune di Lugo) do grupo de galegos e italianos que tivo lugar este pasado mércores. 

recepción no concello

Recepción do grupo no Comune di Lugo (Italia)

ERASMUS DAYS no IES Xoán Montes

 

logo Erasmus days

Esta semana o IES Xoán Montes celebra os Erasmus Days+, uns días que adicaremos á difusión do programa Erasmus, tanto no Espacio Erasmus como na web e nas RRSS do centro.

Cada día da semana levaremos a cabo unha acción para dar visibilidade ao noso proxecto. Anímate a participar, consulta o programa da semana.

Hoxe comezamos publicando un vídeo de presentación do noso instituto.

Aquí tes a referencia oficial á nosa participación en Erasmus Days+ 2024.

ERASMUS+: resolución definitiva participantes mobilidade curta a Lugo (Italia)

Publícase, tanto nesta páxina como no Espazo Erasmus do centro, a resolución definitiva do alumnado seleccionado para participar na mobilidade curta a Lugo (Italia), que terá lugar na última semana de outubro. 

Resolución definitiva

FOTO

ERASMUS+: Resolución provisional do alumnado seleccionado para a mobilidade curta a Lugo (Italia)

Publícase, tanto nesta páxina como no Espazo Erasmus do centro, a resolución provisional do alumnado seleccionado para participar na mobilidade curta a Lugo (Italia), que terá lugar na última semana de outubro. 

Ábrese un prazo de reclamacións dende o día 30 de setembro ás 11:59. (Na Secretaría do centro hai un formulario para facelo).

Resolución provisional.

FOTO

Intercambio de Lugo e Lugo. Imaxe de Nora Rasini.

 

COMEZAMOS UNHA NOVA AVENTURA: ERASMUS+

erasmus logo Erasmus

 

Este curso 2024-2025 chega cargado de novos retos para o IES Xoán Montes!

Iniciamos un ano cargado de experiencias emocionantes cunha mobilidade curta (1 semana) para 12 alumnos/as de 4ºESO ao Liceo di Lugo en Itallia, prevista para finais de outubro. 

A selección de participantes será un proceso aberto, obxectivo e público. Será preciso cumprir unha serie de requisitos e utilizarase un baremo para levar a cabo a selección de participantes e reservas. 

O prazo para presentar a solicitude está aberto ata o martes 24 de setembro ás 11:59. É preciso entregar na Secretaría do centro:

Erasmus+ no IES Xoán Montes

Rematamos o curso cunha moi boa nova: o IES Xoán Montes estará no próximo curso no programa Erasmus+!

O proxecto presentado, resultado dun intenso traballo dun amplo número de profesorado, acadou unha elevada puntuación (91/100) e resultou un dos 17 seleccionados de toda Galicia na modalidade de curta duración para a mobilidade de alumnado e persoal de Educación Escolar (KA122-SCH).

Baixo o título "Abrindo mentes para non deixar a ninguén atrás", buscarase desenvolver tres obxectivos: consolidar a internacionalización do centro, a mellora da competencia lingüística e o uso de metodoloxías inclusivas e mellora da atención á diversidade. Para conseguilo, contaremos cun orzamento que permitirá realizar distintas actividades entre as que destacan: mobilidade de alumnado de curta e longa duración, acollida de alumnado estranxeiro, mobilidade de profesorado para observación, cursos de formación de profesorado e acollida dun profesor de idiomas.

Co comezo do próximo curso faremos unha reunión informativa para as familias para explicar todos os aspectos referidos a este proxecto Erasmus+.

erasmus cofinanciado

Distribuir contido


by Dr. Radut