Hoxe 4 de xuño o grupo de Economía e Emprendemento, 4º ESO C, encamiñouse a Santiago para recoller o premio do concurso "Emprender es soñar ¿Te apuntas?", organizado pola Asociación Gallega de Empreesas familiares e ABanca, na categoría de ESO. O equipo formado por Batoul All Suleiman, Roque López, Salvia López, María Lorenzo y Viviana Torres fixo unha proposta de modelo de negocio baseado na economía circular, o aproveitamento das mondas de laranxa para elaborar cosméticos en envases reciclados.
O acto foi emocionante, de 29 equipos de toda Galicia había 3 finalistas na categoría da ESO e eles fixéronse co primeiro premio, en realidade os 5 equipos que compoñen a clase de 4º ESO C esmeráronse en preparar os seus proxectos e en presentalos nun cuidado vídeo, dedicando tempo e moita aprendizaxe. Foi unha mágoa non poder estar alí, grazas a Rafael e a María por suplirme e ler as miñas palabras de enorgullecemento como profesora vosa.
Noraboa e gran traballo a todos!
Nota de prensa que sairá mañá con moitas fotos, Máis fotos
Os premiados
Que diría Roque?
O grupo de 4º ESO C, de Economía e Emprendemento
Todos os participantes