Skip to Content

Admisión a ciclos formativos FP. Ciclos e módulos formativos con prazas dispoñibles

Ábrese o prazo de matrícula en ciclos e módulos de formación profesional con prazas vacantes desde o día 20 ás 9:00 horas ata o día 22 de xullo ás 13:00 horas. Abrírase un novo período de matriculación tras a publicación da 2ª adxudicación ordinaria.

Para matricularse nun ciclo con prazas libres a única condición é cumprir os requisitos de acceso para as ensinanzas correspondentes.

As persoas interesadas deberán formalizar a matrícula no centro educativo no que o ciclo formativo teña prazas dispoñibles. A matrícula realizarase por orde de chegada.

Para solicitar a matrícula en ciclos do réxime ordinario con prazas liberadas empregarase o anexo I.

A matrícula en calquera ciclo con prazas dispoñibles implica a renuncia a continuar no proceso de admisión e polo tanto a participar nas seguintes adxudicacións de prazas.

Prazas dispoñibles no IES Xermán Ancochea Quevedo:

  • Ciclo medio "Instalacións eléctricas e automáticas":
    • 22 ofertadas / 7 ocupadas / 15 liberadas
  •  Ciclo superior "Sistemas electrotécnicos e automatizados":
    • 23 ofertadas / 8 ocupadas / 15 liberadas

Información detallada

Páxina web "Ven a FP" da Consellería de Educación



page | by Dr. Radut