Skip to Content

Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para o curso escolar 2020/2021

As familias poderán solicitar a partir do 20 de maio ata o 19 de xuño(incluído) as axudas para a adquisición de libros de texto e de vales para material escolar, ou ben participar no Fondo Solidario de libros de texto.

Orde do 12 de maio de 2020 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2020/21 (código de procedemento ED330B).

O recadro da base impoñible xeral da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas do exercicio fiscal 2018 que figura publicado é o 432, cando o recadro correcto é o 435.



page | by Dr. Radut