Restablécese o procedemento de admisión de alumnado de centros non adscritos
A partir do 11 de maio o centro atenderá aos diversos procedementos administrativos. En particular, atenderanse trámites de admisión de alumnado, certificados e outros procedementos urxentes que non poidan ser xestionados telematicamente.
Horario de atención ao público
-
O horario de atención ao público a partir do vindeiro 11 de maio será de 9:30 h a 13:30 h.
Con obxecto de minimizar riscos e por seguridade para todos/as é recomendable o uso de máscaras de protección durante o tempo que permanezan no interior do centro e manter unha distancia interpersoal de 2 metros.
Prazos actualizados do restablecemento do procedemento de admisión:
-
Presentación de solicitudes: do 11 ao 18 de maio, ambos os dous días incluídos.
-
Presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo: a data máxima é o 26 de maio.
-
A solicitude será única e poderase presentar:
-
Por vía electrónica a través da aplicación informática admisionalumnado https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado
-
De forma presencial no centro educativo que a rexistrará. Modelo solicitude admisión (ED550B)
Alumnado do noso centro ou de centros adscritos
O alumnado do noso centro que continúa no IES Xermán Ancochea Quevedo (non cambia de centro) no vindeiro curso académico 2020-2021, non ten que realizar ningún trámite neste momento, só terá que formalizar a matrícula nos prazos establecidos ao respecto, para a convocatoria ordinario (xullo) do 1-10 de xullo e para a extraordinaria (setembro) do 1 ao 10de setembro). Tampouco ten que realizar ningún trámite neste momento o alumnado dos centros adscritos que xa ten feita a reserva de matrícula.