EXCURSIÓN ÁMSTERDAM
O alumnado de 4º, 1º e 2º BAC visita Ámsterdam dende o 4 até o 8 de abril.
O itnineraio previsto é o seguinte:
-
04 ABRIL ( Santiago – Amsterdam ). Saída de Trives ao aeroporto de Santiago. Trámites de facturación e embarque; saída do voo da compañía aérea Vueling. Chegada ao aeroporto de Ámsterdam , traslado ao hotel e aloxamento.
- 05 ABRIL –Amsterdam : Visita panorámica para coñecer a cidade.
-
06 ABRIL – Amsterdam.Visita do Rijksmuseum (Museo Nacional) que está considerado como o mellor museo de Holanda.
- 07 ABRIL –Marken- Voledam. Almorzo e saída para visitar estes dous pobos pesqueiros nos arredores de Ámsterdam que dispoñen de casas perfectamente conservadas, traxes típicos, tendas e escenas pintorescas. Estas localidades contan cun porto pintoresco digno de admiración. Tamén verán unha granxa de queixos onde se fabrica o famoso Gouda, así como o recinto dos muíños Zaanses Shans, onde poderán apreciar unha das visitas máis fotografadas de Holanda cos diferentes muíños aínda en funcionamento.
-
08 ABRIL Amsterdam – Santiago- Trives. Almorzo e traslado ao aeroporto.