Skip to Content

Probas de acceso ás ensinanzas deportivas.

Convocadas as probas de acceso ás ensinanzas deportivas para o curso 2021/2022.

A inscrición para realizar as probas farase preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se vaian realizar as probas de carácter específico.

O prazo de inscrición será o comprendido entre o día 15 de maio e o día 2 de xullo de 2021. Centros onde se poderá realizar a inscrición para as probas:

Modalidade

Centros

Fútbol

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

IES Universidade Laboral (Culleredo)

Fútbol sala

CIFP A Farixa (Ourense)

Baloncesto

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

IES As Fontiñas (Santiago de Compostela)

Balonmán

IES Sánchez Cantón (Pontevedra)

Atletismo

IES Nosa Señora dos Ollos Grandes (Lugo)

IES As Barxas (Moaña)

Vela

IES Fermín Bouza Brey (Vilagarcía de Arousa)

As probas de madureza de grao medio e grao superior para os/as aspirantes que non cumpran o requisito de titulación terán lugar o día 7 de setembro das 9.00 ás 13.00 horas no IES As Fontiñas, de Santiago de Compostela.

As probas de acceso de carácter específico, para cada unha das modalidades deportivas, realizaranse:

  • Na modalidade de fútbol sala terá lugar no IES As Lagoas en Ourense, o día 8 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 9 de setembro, ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 11.00 horas. As persoas aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.

  • Na modalidade de balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 13 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 10.00 horas.

  • Na modalidade de vela terá lugar nas instalacións do Centro Galego de Vela en Vilagarcía de Arousa, o día 14 de setembro, ás 11.30 horas; poden variar a data e/ou a hora do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxicas establecidas no anexo VIII do Decreto 135/2012, do 31 de maio (DOG do 20 de xuño), polo que se establece o currículo das ensinanzas de técnico deportivo en vela con aparello fixo e técnico deportivo en vela con aparello libre.

  • Na modalidade de atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 15 de setembro, ás 10.00 horas.

Máis información.



page | by Dr. Radut