Skip to Content

Alerta amarela por nevaradas

A Axencia Estatal de Meteoroloxía alerta dun fenómeno meteorolóxico adverso de nivel amarelo, durante o día 15 de xaneiro de 2015, a partires das 18:00 h ata as 12:00 h do día 16, por nevadas que afectarán as zonas meteorolóxicas de montaña de Lugo, sur de Lugo, montaña de Ourense, sur e noroeste de Ourense e interior de Pontevedra.

Ante dita situación de risco, a Comisión de Alertas acordou a NON SUSPENSIÓN DAS ACTIVIDADES DOCENTES, con seguimento das condicións climáticas.

Para o caso de que as circunstancias da localidade onde se atopa o centro supuxesen un risco maior, os/as directores/as poderán adoptar as decisión oportunas respecto da suspensión da actividade docente.

A información meteorolóxica poderá ser consultada a través da páxina web do CAE 112 (www.axega112.org).



story | by Dr. Radut