Skip to Content

Por que orbitan os cohetes?: O Canón de Newton

Supoñamos que somos capaces de construír un modesto cohete. Tras máis ou menos segundos de ascenso o cohete comezará a caer pola forza da gravidade. Como pode ser, entón, que un cohete logre poñerse en órbita para xirar indefinidamente arredor da Terra como ocorre nos lanzamentos espaciais que vemos con frecuencia nesta páxina?

Isaac Newton formulouse estas mesmas cuestións hai xa case catro séculos, e estableceu a teoría que se coñece como canón de Newton. Podedes ler plantexamentos teóricos en diferentes fontes na rede, pero o seguinte flash é máis ilustrativo que todas elas:

Canón de Newton

Vemos como a medida que aumentamos a pólvora do noso canón, a bala vai caéndo máis lonxe na Terra, ata que chega a un punto no que cae "fóra" do planeta e comeza a órbitación como un proceso de caída indefinida.

Se lle damos aínda máis potencia, a órbita acada picos maiores e formas elípticas máis excéntricas, ata que na potencia máxima o proxectil supera a velocidade de escape e xa non se ve afectado pola forza de atracción gravitatoria.



page | by Dr. Radut