Skip to Content

Premios extraordinarios de bacharelato.

Convócanse na Comunidade Autónoma de Galicia os premios extraordinarios de bacharelato para o alumnado que finalizase os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia. Poderase conceder un máximo de 20 premios extraordinarios, dotados con 1.000 € cada un e compatibles con calquera outro tipo de premios, bolsas ou axudas. O alumnado que obteña o premio extraordinario percibirá a dotación económica, e ademais recibirá un diploma acreditativo e o/a secretario/a do centro público onde estea depositado o expediente académico anotará nel, mediante dilixencia, a distinción e farase constar nas certificacións académicas que se emitan. Poderá concorrer ao correspondente premio nacional, e poderá estar exento, durante o primeiro ano e por unha soa vez, do pagamento dos prezos públicos por matrícula no primeiro curso dos estudos superiores nun centro público.

Requisitos de participación

  1. Ter rematado os estudos de bacharelato no curso 2020/21 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia, ben na modalidade presencial ou na modalidade a distancia e ser proposto para título na convocatoria ordinaria do dito curso.

  2. Ter obtido unha nota media do bacharelato igual ou superior a 8,75.

Forma e prazo de presentación de solicitudes:

As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado (anexo I) dispoñible na aplicación informática PremiosEdu (https:// www.edu.xunta.gal/premiosedu/) accesible desde a sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal), ou directamente desde a propia aplicación PremiosEdu.

Opcionalmente, poderanse presentar as solicitudes presencialmente en calquera dos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Para a presentación electrónica poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

O prazo de presentación de solicitudes comezará o día 27 de abril de 2021 e rematará o día 26 de maio de 2021.

Realización da proba para a obtención do premio

O alumnado deberá realizar unha proba que terá carácter único en todo o territorio da Comunidade, que terá lugar de forma simultánea nas distintas sedes. A realización da proba terá lugar o día 23 de xuño de 2021 e realizarase nos lugares e no horario que se darán a coñecer mediante resolución publicada no Diario Oficial de Galicia e no portal educativo da Consellería de Cultura, Educación e Universidade (https:// www.edu.xunta.gal). A proba estruturarase en dúas partes:

  1. Primeira parte, para desenvolver en dúas horas:

    1. Análise e comentario crítico dun texto sobre un tema de carácter xeral, histórico, filosófico ou literario.

    2. Resposta a cuestións de carácter cultural ou lingüístico sobre un texto na primeira lingua estranxeira cursada polo alumnado como materia xeral do bloque de materias troncais de bacharelato. O exercicio realizarase sen dicionario no idioma correspondente.

  2. Segunda parte, para desenvolver nunha hora: desenvolvemento de temas, respostas a cuestións e/ou exercicios prácticos dunha materia xeral do bloque de materias troncais cursada polo alumnado a elixir entre as seguintes: Matemáticas II, Matemáticas Aplicadas ás Ciencias Sociais II, Latín II, Fundamentos da arte II.

A relación de alumnado admitido e excluído e as puntuacións obtidas polas persoas candidatas publicaranse no portal educativo https://www.edu.xunta.gal e na páxina de inicio da aplicación https://www.edu.xunta.gal/premiosedu.

Máis información.



page | by Dr. Radut