Skip to Content

Proba para a obtención do título de bacharel para maiores de 20 anos.

Convocadas as probas para a obtención do título de bacharel para maiores de vinte anos para as modalidades de Ciencias e de Humanidades e Ciencias Sociais. Non obstante o anterior, poderanse inscribir na proba, e titular pola modalidade de Artes, as persoas que estean en condicións de validar o segundo exercicio.

Requisitos das persoas aspirantes:

  1. Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano 2021.

  2. Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente a efectos académicos.

  3. Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar 2020/2021.

Forma, lugar e prazo de presentación.

  1. O período de inscrición na proba estará comprendido entre o 3 e o 10 de marzo de 2021.

  2. As solicitudes de inscrición deberán presentarse en soporte papel, nos centros sinalados no apartado 3 ou por calquera dos medios establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, utilizando o formulario normalizado, anexo I, dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

  3. Os centros onde se pode presentar a solicitude son os seguintes:

    1. Centro EPA Eduardo Pondal, rúa da Educación, 3-2º andar, 15003 A Coruña.

    2. IES San Clemente, rúa San Clemente s/n, 15705 Santiago de Compostela.

    3. Centro EPA Albeiros, parque da Milagrosa s/n, 27003 Lugo.

    4. Centro EPA de Ourense, rúa Álvarez de Sotomayor 4, 32002 Ourense.

    5. Centro EPA Río Lérez, avenida de Buenos Aires 26, 36002 Pontevedra.

    6. Centro EPA Berbés, rúa Marqués de Valterra 8-1º, 36202 Vigo.

  1. Realización da proba: o 23 de abril de 2021 no IES San Clemente de Santiago de Compostela.

Máis información.



page | by Dr. Radut