Skip to Content

Polos creativos

Rótulos para exposición de obxectos antigos

O alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO estivo estes días facendo rótulos para os obxectos expostos na vitrina da entrada principal. Fixeron os deseños no ordenador e graváronos en madeira usando a cortadora láser do Polo Creativo. O traballo aínda non está rematado, pero xa se poden ver algúns resultados.

Acondicionando a nova Aula de Mediación

O equipo de Mediación do IES Virxe do Mar estivo estes días no POLO CREATIVO deseñando e fabricando o rótulo para o seu novo espazo, ademais dalgún que outro elemento decorativo. Escolleron a tipografía, dimensións, materiais e acabado. Fixeron o deseño en Inkscape e utilizaron cartón reciclado para crear o seu rótulo. Como podedes ver nas imaxes, o resultado final foi excelente.

Réplicas de laudas gremiais con impresora 3D

O profesor Carlos Galbán, do departamento de Xeografía e Historia, realizou unha interesantísima actividade co seu alumnado de 2º ESO. A partir de fotografías tomadas a algunhas das laudas gremiais expostas na Igrexa de Santa María a Nova, crearon modelos tridimensionais cun programa informático. E con estes modelos tridimensionais conseguiron crear réplicas a escala desas laudas usando a impresora 3D do Polo. Parabéns polo traballo realizado!

Pincha na imaxe para ver máis.

Pista de adestramento de robots

Coa colaboración do alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato montamos a primeira pista de adestramento de robots do Polo. Ten un deseño pensado para realizar distintos tipos de probas: precisión, persecución, barrendeiro... Agardamos sacarlle moito partido a partir do vindeiro curso.

Deseños conmemorativos do día das Letras Galegas

Con motivo da celebración do Día das Letras Galegas, que este ano está dedicado a Luísa Villalta, fixéronse algúns deseños conmemorativos con algunhas das máquinas do Polo Creativo: impresión 3D, corte láser e plóter de corte. Lembrade que tedes á vosa disposición as instalacións do Polo para materializar as vosas ideas.

Rotulación de camisetas

Andamos estes días facendo probas de rotulación sobre textil. Como primeiro exemplo, unha camiseta para o staff do Polo Creativo do IES Virxe do Mar.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut