Skip to Content

Tecnoloxía

Brazo robótico

Dúas alumnas de 2º Bacharelato, Sara e María, están realizando a montaxe e programación dun brazo robótico incluído na dotación dos Polos Creativos. Andamos estes días coas primeiras probas. Aínda que vos pareza algo inquedante, non vos preocupedes, de momento é inofensivo.

 

Montaxe dun contador dixital

Xa na recta final do curso, o alumnado de 2º Bacharelato montou este circuíto contador dixital, que está formado por: un chip 555 para producir o sinal de reloxo, un contador binario de 4 bits, un decodificador BCD-7 segmentos, e un display (que non funciona moi ben...). No vídeo pode verse o reconto en binario (mediante unha serie de 4 leds) e a representación en decimal no display, no que lamentablemente falla un dos leds, impedindo a representación completa dos números.

 

 

Lanzamento do noso Cansat

O martes 23 de abril a nosa Lata Espacial fixo un exitoso voo duns 140 metros no aeródromo As Gaivotas, en Cerceda. Primeiro ascendeu con un dron, xunto con outros tres prototipos. Logo duns segundos de espera, abriuse o compartimento de carga e os 4 minisatélites comezaron a caer.

parte_do_equipo

Visita ás minas de SanFinx

O pasado 17 de abril o alumnado de 1º ESO participou nunha visita ao museo da mina de San Finx, en Lousame. Alí atenderon ás explicacións do persoal do museo sobre a actividade e as características desa explotación mineira do século pasado. Ao rematar a visita, realizaron unha andaina de varios kilómetros por unha paisaxe de importante valor natural e etnográfico. Para organizar esta actividade colaboraron os departamentos de Ciencias Naturais, Ciencias Sociais e Tecnoloxía.

Misión Lata Espacial

O alumnado de Tecnoloxía e Enxeñaría de 1º Bacharelato está participando no concurso Cansat, organizado pola Axencia Espacial Europea. Leva varios meses dedicando unha sesión semanal ao deseño dun prototipo de satélite do tamaño dunha lata de refresco, que debe superar unha misión nada sinxela. Sigue lendo para saber máis...


Flores robóticas

Chegou a primavera ao departamento de Tecnoloxía! O alumnado de 4º ESO elaborou estas flores intelixentes que son capaces de seguir a luz. Deseñaron a estrutura, montaron o circuíto, programaron a tarxeta controladora... e velaquí o resultado.

Distribuir contido


by Dr. Radut