Skip to Content

Blog_biblio

Consulta


 

Novidades na Biblio

Xa están dispoñibles na nosa biblioteca os últimos títulos en galego e castelán!

Temos unha ampla variedade de opcións para todos os gustos: desde cómics cheos de aventura e humor, ata novelas que te atraparán coas súas historias. Non faltan tampouco os libros de poesía, perfectos para quen goza das palabras coidadas e emocionantes.

Non deixes de pasarte pola biblioteca e descubre estas novas incorporacións.

Ler é un pracer que está ao teu alcance!

Que che parece?

10 de outubro, Día da Saúde Mental

O Día Mundial da Saúde Mental, que se celebra cada 10 de outubro, é unha oportunidade para concienciar sobre a importancia de coidar o benestar emocional e psicolóxico. Este ano, o tema céntrase na necesidade de promover a saúde mental de forma equitativa, garantindo que todas as persoas teñan acceso aos recursos necesarios para vivir con benestar.

Lecturas para o verán!!

Non marchedes de vacacións sen pasardes pola Biblioteca a coller algunha lectura fresquiña.

Temos novidades narrativas, clásicos universais, novela gráfica, biografías, libros didácticos e prácticos...

Malo será que non atopedes algo do voso agrado!

Bo verán de parte do Equipo da Biblioteca!

As Letras Galegas no IES Virxe do Mar

O Día das Letras Galegas deste 2024 está adicado a Luísa Villalta.

O Equipo da Biblioteca organizou unha pequena exposición coas obras da autora homeaxeada e o Departamento de Lingua Galega, coa colaboración do alumnado de 2º de Bacharelato, confeccionou un tríptico, que podedes descargar.

 

21 de marzo: Día da Poesía

O 21 de marzo celebramos o Día da Poesía. Na Biblioteca fixemos unha selección de títulos de poesía moi variados: poesía galega, poesía castelá, poesía estranxeira traducida, poesía para nenos e nenas, poesía para adultos, poesía clásica, poesía actual...

Pasa pola Biblioteca e bota un ollo, porque "a poesía non morde" e "ninguén morreu de ler poesía"!!

Distribuir contido


by Dr. Radut