Skip to Content

Cociñas solares

O alumnado de Tecnoloxía de 4º ESO do IES Virxe do Mar estivo estes días montando unhas cociñas solares do modelo Fun-Panel, para demostrar como podemos cociñar aproveitando de xeito eficiente a enerxía solar. E non só cociñar, senón tamén potabilizar auga, o que pode ser moi importante en zonas de catástrofe por exemplo. Ademais de construír estas cociñas que se ven na imaxe, tamén traballaron na montaxe e programación dun indicador de temperatura para o recipiente que contén os alimentos. Como proba inicial, fixemos unha mazá asada en pouco máis de 1 hora con resultados razoablemente bos. 

 

 

 

 



blog | by Dr. Radut