Skip to Content

Blogue de admin

SEMANA CULTURAL: Obradoiro de impresión en 3D

O día 12 de abril, o profesor Felipe Roget dirixeu o obradoiro de impresión en 3D para alumnado interesado nesta actividade. Fixeron o deseño e impresión de diferentes obxectos.

SEMANA CULTURAL: Percorrido botánico polas beiras do Río Traba

O día 11 de abril o alumnado de 1º ESO estudou a vexetación propia das beiras do Río Traba, dirixidos polo seu profesor de Ciencias Naturais.

SEMANA CULTURAL: Exposición "Hidróxeno verde. Fontes de enerxía. Recursos minerais de Galicia"

Esta exposición foi elaborada pola profesora de Física-Química e o alumnado de 1º de bacharelato e permanecerá exposta no edificio noble durante toda a semana.

AbalarMóbil para as familias

AbalarMóbil é unha aplicación que permite ás familias consultar a información dos seus fillos a través do teléfono móbil dende calquera lugar, de forma cómoda e rápida. Información sobre a descarga, instalación e uso desta aplicación na web AbalarMóbil.

Aula virtual no móbil

Guía de instalación da aula virtual do centro no teléfono móbil.

Recursos dixitais para o profesorado

O curso "inFormación Moodle e outros Servizos Dixitais Educativos" está dispoñible para todo o profesorado do centro. Ofrece información sobre o manexo da aula virtual e doutros servizos dixitais educativos.

Distribuir contido


by Dr. Radut