MOI IMPORTANTE:

  • Estar xuntos durante a viaxe para facilitar o movemento do grupo.
  • Custodiar a documentación persoal (se perdemos DNI ou pasaporte non podemos viaxar).
  • Se é posible levade maleta pequena, porque é moito máis fácil moverse con ela. Se levades maleta grande intentade que non leve moito peso. Cada un terá que ser responsable da súa equipaxe.
  • Ao chegar ao aeroporto da Coruña facturaremos a maleta e xa a mandan directamente a Hannover. En Barcelona non temos que facer nada máis que ir á porta de embarque, sen recoller maletas.
  • Nós recomendamos que levedes comida na mochila (tipo bocadillo, mazá, snack...) porque a comida do aeroporto é moi cara e normalmente mala. Así podedes aforrar eses cartos para outras cousas máis interesantes que poderedes traer de recordo. Pensade que saímos moi cedo e estaremos todo o día de viaxe, igual non chegamos a Goslar até as 19h ou 20h.
  • É unha norma dos proxectos Erasmus+ intentar contaminar o mínimo posible, por iso recomendamos levar unha bolsa de tea na maleta ou algunhas bolsas de plástico para as compras que fagades. 
  • Ao chegar a Hannover sí hai que recoller as maletas antes de sair. Dende o aeroporto de Hannover temos que coller dous trens: un á estación de tren de Hannover e alí cambiar ao outro que nos levará a Goslar. Na estación de tren de Goslar estarán as familias esperándonos para recollernos e iremos cada un coa súa familia. Como xa será tarde... seguramente non nos veremos até o día seguinte pero podemos comunicarnos por wasap se queredes, para sentir a cercanía dos demáis.
  • Ser moi educados durante a nosa estancia nas familias e instituto. (Se dubidades entre facer algunha tontería ou non, non a fagades).
  • Comunicarnos en todas as ocasións, trantando de ser respetuosos. (Se non sabedes como dicir algo sempre podedes usar o traductor para comunicar coas familias)
  • Poñerse en contacto cos profes (nós) cando teñades calquera problema, e sobre todo antes de chamar ás vosas casa con queixas. Primeiro falade con nós e logo xa chamaredes a casa.
  • Por último, tede en conta que estamos participando nun proxecto Erasmus+, non é unha excursión sen máis senón que temos que cumprir uns requisitos, estes son:
  1.      Facer unha avaliación da visita e do traballo realizado nesta semana. Para iso son os diarios.
  2.      Cubrir a enquisa de avaliación da lingua á volta da visita.
  3.      Facer difusión da mobilidade. (Á VOLTA TEDES QUE FACER UNHAS PRESENTACIÓNS PARA ENSINAR AOS VOSOS COMPAÑEIROS/AS).


Última modificación: martes, 20 de febreiro de 2024, 21:02