Esta actividade está pensada para realizar co alumnado de 1ESO os últimos días antes do Nadal.
Tedes que facer unha lista de palabras que empecen polas letras do abecedario inglés. Por exemplo: apple, boat, clever, drawing... e crear as definicións para esas palabras. Se quedades un luns no recreo, Amelia (a auxiliar de conversa) pode axudarvos un montón. 
Tedes que pensar palabras para facer dous roscos: un para 1A e outro para 1B. 
O día da actividade estaría moi ben que vós lérades as definicións, por iso sería bo que as practicásedes.
Estaremos os profes para axudar, por suposto.

Última modificación: mércores, 29 de novembro de 2023, 09:54