Nesta tarefa tedes que decorar o panel da entrada do instituto para que o resto do instituto coñeza as actividades que estamos realizando no Equipo de Internacionalización.

Podemos dividilo en dúas partes. Nunha delas podedes poñer un fondo dunha cor e noutra podedes poñer un fondo de cor distinta. Nunha delas pode ir o cartel do Proxecto Erasmus de 3ESO e na outra podedes facer un mural con información e sobre todo fotos/debuxos/etc. do Proxecto etwinning que estamos facendo en 2ESO este curso: Cultural Kaleidoscope.

Na aula de plástica hai papel en rollo. Se precisades folios de colores podemos mercalos e a Cris podedes pedirlle cartulinas. Tamén podedes facer letras no ordenador e logo as imprimimos ou un mapa de europa grande en A3 para imprimir, fotos.... o que precisedes nolo dicides e facémolo.
Na aula de música hai un ordenador portátil con acceso a internet e tamén podedes usar o da mesa da profe. Ademáis podedes traer os vosos.

Última modificación: domingo, 26 de novembro de 2023, 9:49 PM