Teredes que facer unha presentación que se poida compartir a través dun enlace. Pode ser en drive ou cunha páxina online: canva, genially, prezi...
O contido da presentación podedes decidila vós, pero antes de poñervos a facela comentádenos que guión tedes.
Non tedes un tempo específico para facela. Podedes utilizar varios recreos ou facela pola vosa conta. Pero queremos que fagades  algo xeitoso. É para poñer na primeira páxina do blog do Club Eramus. Se algún colexio de Europa entra no noso blog vai ver a vosa presentación, nos vai coñecer a través dela. Por iso, a presentación deberá estar escrita en inglés.

Outros compañeiros falarán de Abegondo así que vós centrádevos en Galicia en xeral.

Nos interesa explicar Galicia como unha parte de España. Onde esta situada e sobretodo que nos diferencia do resto de España: a lingua, a gastronomía, o folclore: música, baile; o clima, o carácter... o tipo de natureza: estamos rodeados de mar, a paisaxe verde. Non faledes dos monumentos porque iso vaino facer outro grupo.

Os profes podemos botar unha man.


Última modificación: mércores, 29 de novembro de 2023, 10:10