Difusión de actividades: Lucía Gi e Daniela A.

   

Nesta tarefa tedes que decorar o panel do corredor de música para que o resto do instituto coñeza as actividades que estamos realizando no Equipo de Internacionalización.
Podemos dividilo en dúas partes. Na parte de arriba podedes poñer un fondo dunha cor e na parte de abaixo podedes poñer un fondo de cor distinta.
No de arriba pode ir o cartel do Proxecto Erasmus de 3ESO e na parte de abaixo podedes facer un mural con información e sobretodos fotos/debuxos/etc. do Proxecto etwinning que estamos facendo en 2ESO este curso: Cultural Kaleidoscope.

Na aula de plástica hai papel en rollo. Se precisades folios de colores podemos mercalos e a Cris podedes pedirlle cartulinas. Tamén podedes facer letras no ordenador e logo as imprimimos ou un mapa de europa grande en A3 para imprimir, fotos.... o que precisedes nolo dicides e facémolo.

Na aula de música hai un ordenador portátilo con acceso a internet e tamén podedes usar o da mesa da profe. Ademáis podedes traer os vosos.

Última modificación: Domingo, 26 de Novembro de 2023, 21:32