Teredes que facer unha presentación que se poida compartir a través dun enlace. Pode ser en drive ou cunha páxina online: canva, genially, prezi...
O contido da presentación podedes decidila vós, pero antes de poñervos a facela comentádenos que guión tedes.
Non tedes un tempo específico para facela. Podedes utilizar varios recreos ou facela pola vosa conta. Pero queremos que fagades  algo xeitoso. É para poñer na primeira páxina do blog do Club Eramus. Se algún colexio de Europa entra no noso blog vai ver a vosa presentación, nos vai coñecer a través dela. Por iso, a presentación deberá estar escrita en inglés.

Xa hai unha presentación sobre Abegondo e outra sobre Galicia. 

Nesta presentación nos interesa explicar as cousas importantes que temos: falade con Olivia e Noa Moar para non repetirvos. Elas falarán dalgunhas cousas importantes, así que non poñades o mesmo que elas. Explicade e sobre todo poñede fotos ou vídeos do noso patrimonio:

  • Monumentos romanos: torre Hércules e Muralla de Lugo
  • Santiago de Compostela como final do Camiño de Santiago (camiño europeo)
  • Moitas igrexas románicas (séculos XII- XIII). Etc.
Os profes estamos para botar unha man se o precisades.

Última modificación: mércores, 29 de novembro de 2023, 10:11