Skip to Content

COMEZO DO CURSO 20/21 E MEDIDAS COVID

Informamos á comunidade educativa do IES Vilar Ponte de que o curso comezará con normalidade nas datas previstas pola Consellería de Educación (23-24-25 de setembro).

Finalmente temos o profesorado que precisamos, os cursos desdobran unha clase cada un e o horario mantense con respecto ao do ano pasado.

 

Como novidade inmediata, en vez de tomar a temperatura aos alumnos cada mañá, a Xunta prevé que os pais asinen un documento, que deberán traer os alumnos o día da presentación. Os horarios e días das presentacións publicaranse mañá na propia web do centro.

 

Da mesma maneira, o Xunta publica un listado de síntomas que cada profesor e alumno terá que comprobar cada mañá antes de acudir ao centro. En caso de presentar síntomas compatibles con Covid, o alumno ou profesor non poderá acudir ao centro.

Desde o equipo Covid do centro, infórmase ás familias de que abrimos un correo específico para calquera comunicación ou dúbida relacionada coa Covid-19, covid.vilarponte@gmail.com. Todas as comunicacións sobre casos sospeitosos de covid, probas, faltas á clase por estes motivos, etc, deberanse notificar a través deste correo. En caso de imposibilidade, poden chamar ao número do centro, que lles derivará a un membro do equipo covid.

O día das presentacións, ademais da propia presentación polo titor, informarase debidamente aos alumnos de todas as normas novas derivadas da covid, de palabra e por escrito. Ademais, aos alumnos de 1ESO acompañaráselles nun percorrido para que coñezan centro, xa que pola pandemia non se fixo a xornada de portas abertas.

 

Incluimos uns videos informativos que realizou a Consellería:

 

 

 



page | by Dr. Radut