ELECCIÓNS CONSELLO ESCOLAR 18
De conformidade co establecido na Resolución do 25 de setembro de 2018, conxunta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos e da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se establece o calendario para a celebración de eleccións de membros dos consellos escolares de centros docentes sostidos con fondos públicos (DOG do 08/10), realizarase proximamente neste Centro a renovación parcial do CONSELLO ESCOLAR que é o instrumento de participación na vida escolar de todos os sectores educativos do Colexio.
A organización e a supervisión do procedemento de elección dos novos membros do Consello Escolar estará a cargo da Xunta Electoral que se constituirá ao efecto, integrada por:
- O director ou directora do centro.
- Un profesor ou profesora.
- Un pai ou nai ou titor legal.
- Un alumno ou alumna.
- Un representante do persoal de administración e servizos
Os catro últimos serán designados por sorteo segundo establece o artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, redactado conforme ao establecido na disposición adicional primeira do Decreto 324/1996, do 26 de xullo (DOG do 9 de agosto). Dito sorteo, que será público e no que se preverá a designación de membros suplentes, celebrarase neste centro o próximo 30 de outubro, ás 12:00 horas, na secretaría do centro.
Aqueles membros da comunidade educativa que desexen presentar as súa candidatura para formar parte do novo Consello Escolar deberán seguir as instrucións que figurarán nas distintas convocatorias que proximamente se farán públicas pola Xunta Electoral do Centro.
Normas xerais que regulan o proceso electoral do Consello Escolar
CENSO
A xunta electoral, unha vez constituída e de acordo coa lexislación vixente, procede a aprobar a publicación das convocatorias dos distintos sectores de representación, así como a publicación dos seus correspondentes censos electorais.
Os censos electorais pódense consultar no centro
CANDIDATURAS
Aquelas persoas que desexen presentarse como candidatos ao Consello Escolar polos distintos sectores (alumnos, responsables, profesores ou persoal non docente) poden descargar e cubrir o modelo de candidatura e entregar na secretaría do centro antes das 13:30 do 14 de novembro de 2018
Candidatura persoal non docente
O impreso tamén está dispoñible nas conserxerías do centro
CALENDARIO
5-14 novembro |
Presentación candidaturas ata as 13:30 horas |
19 novembro |
- Admisión, proclamación e publicación das candidaturas - Aprobación dos censos electorais - Aprobación papeletas - Sorteo público membros das mesas electorias |
20 novembro |
- Claustro ordinario para informar eleccións ao Consello Escolar |
26 novembro |
Eleccións Consello Escolar: |
27 novembro |
Eleccións Consello Escolar: |
28 novembro |
3ª Reunión Xunta electoral |
29 novembro |
Constitución Consello Escolar en sesión extraordinaria |
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Normas xerais eleccións consello escolar_18.pdf | 192.08 KB |
A10_Candidatura ALUMNADO_CEA10_18.pdf | 153.68 KB |
A11_Candidatura PAIS_CEA11_18.pdf | 148.46 KB |
A12_Candidatura PROFESORADO_CEA12_18.pdf | 148.91 KB |
A13_Candidatura PAS_CEA13_18.pdf | 149.04 KB |