Convocadas axudas para a realización de actividades de formación en linguas estranxeiras no ano 2019, destinadas ao alumnado dos centros docentes sostidos con fondos públicos, en réxime de concorrencia competitiva.
O prazo para a presentación de solicitudes será de 1 mes, do 20 de febreiro ata o 20 de marzo
A información sobre este programa, así como a aplicación "en liña" que se refire na convocatoria, atoparase na páxina web http://www.edu.xunta.es/axudasle.
Quen o pode solicitar?
Alumnado que estea cursando durante o curso 2018/19, no réxime xeral, 1º, 2º, 3º ou 4º da educación secundaria obrigatoria ou 1º ou 2º de bacharelato.
Cando son as actividades?
O período de realización comprenderá desde a última semana do mes de xuño ata finais do mes de agosto de 2019, coa excepción das actividades de integración, que se desenvolverán no inicio do curso 2019/20
Como presento as solicitudes?
As solicitudes presentaranse preferiblemente por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal.