Skip to Content

blogue defmorado

Trámites para solicitar un duplicado de Título

3.1.2.3. Expedición dun duplicado por perda ou destrucción do título que
non permita a súa identificación (código 4)
Neste caso, para poder expedir un duplicado, é necesaria a publicación dun
anuncio no Diario Oficial de Galicia no que se faga constar a perda ou destrucción total,
debendo aboar a taxa establecida para ese fin.
Os impresos correspondentes á dita taxa debe recollelos nas oficinas de
Novagaliciabanco, nas que tén que realizar o pagamento.
O centro docente remitiralle á Dirección Xeral de Centros e Recursos
Humanos, a través do departamento territorial, a solicitude para a publicación do
anuncio no Diario Oficial de Galicia, acompañada do xustificante de pagamento. Logo de
que transcorran 30 días desde a súa publicación, e dentro dos prazos establecidos, o
centro docente tramitará a proposta de expedición ao departamento territorial
acompañada da seguinte documentación:
- Certificación expedida polo centro docente, que no seu día formulou a
proposta, que conteña os datos do título orixinal.
- Copia do anuncio de perda ou destrucción total do título publicado no Diario
Oficial de Galicia.
- Xustificante do pagamento da taxa establecida por reexpedición nos casos de
títulos suxeitos a taxa, que sexa posterior á publicación do anuncio no DOG.

Distribuir contido


by Dr. Radut