Skip to Content

Libros de Texto 2024/2025

As listaxes de libros de texto para o curso 2024/2025 están nos arquivos adxuntos:

1º ESO

2º ESO

3º ESO

3º PDC

4º ESO

4º PDC

1º Bacharelato

2º Bacharelato.

Devolución dos libros de Texto de préstamo (Xuño 2024).

A devolución e recollida de libros de texto de préstamo será o 20 de xuño de 2024. No seguinte horario:

 

4ºA- 4ºB – 4º PDC

10:20 a 11:30 horas.

3º A – 3º B – 3º PDC

12:20 a 13:30 horas.

 

Matrícula 2024/2025

As datas de matrícula para o curso 2024/2025 son as seguintes:

  DÍA


 

CURSO

27 de Xuño

1º BAC

28 de Xuño

2º BAC

1 de Xullo

3º e 4º ESO

2 de xullo

1º e 2º ESO


 Horario: de 09:00 a 13:00 HORAS

Os sobres de matrícula poden solicitarse na secretaría do centro a partir do día 21 de xuño.

 Documentación a aportar cos sobres de matrícula:

 

1.- Impreso de matrícula correspondente ao curso ao que se incorpora.

 2.- Folla de datos

 3.-Impreso de autorizacións

 4.- Seguro escolar

 * Deberán efectuar o pago de 1,12 € e aportar o xustificante de pagamento, o alumnado matriculado en 3º e 4º da ESO, así coma o alumnado de 1º e 2º de BAC.

 * Copia da tarxeta sanitaria, para o alumnado de 1º e 2º ESO (non pagan seguro escolar).

 5.- Dúas fotos recentes tamaño carné.

 6.-Copia do DNI

 En caso de querer empregar as rutas de transporte escolar, deben cubrir a folla de transporte marcando a parada correspondente.

 En caso de divorcio, copia da sentenza no relativo á custodia do menor. (non é preciso volver aportar este documento se xa se trouxo outro ano e non houbo modificacións ao respecto).

 

Supresión do proxecto E-Dixgal

O IES Vilar Ponte de Viveiro vén de cancelar a súa participación no proxecto E-Dixgal, que non terá continuidade en ningún curso do ano académico 2024-25. O alumnado de 1º e 2º da ESO terá que devolver os equipos E-Dixgal (ordenador, funda e cargador) o día 21 de xuño. Os equipos deberán entregarse limpos e en boas condicións.

Pola contra, o alumnado que se matricule en 1º e 2º para o 2024-25 pode participar tanto no Fondo Solidario como solicitar as axudas para libros de texto. O prazo para solicitar estas axudas remata o 21 de xuño de 2024.

Calendario Extraordinaria 1º BAC

Achégase o calendario das probas da convocatoria extraordinaria de 1º de Bacharelato.

Calendario Extraordinaria 2º BAC e Pendentes 1º BAC

Achégase o calendario das probas da convocatoria extraordinaria de 2º de Bac e pendentes de 1º Bac

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar 2024/2025

Segundo a ORDE do 7 de maio de 2024 está aberto o prazo de presentación de solicitudes para o Fondo Solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar.


Prazo de presentación de solicitudes: dende o 21/5/2024 ata o 21/6/2024, ambos incluídos.

Forma de presentación de solicitudes:

Electrónica: utilice a aplicación Fondo libros e presente a solicitude na Sede Electrónica.

IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.


NECESITARÁ ter:


A) conta de Chave365.
B) Ou ben, ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma.

Presencial con asistencia da aplicación: cubra os datos na aplicación, fondo libros, e imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo

Presencial manual: cubra os Anexos I e II da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo, pode descargalos nos ficheiros adxuntos.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

INFORMACIÓN MATRÍCULA ABAU

IMPORTANTE: Non realizar ningún trámite nin facer ningún pagamento antes de recibir as notas de 2º Bach.

Prazo de matrícula ABAU: Xoves 16 de maio de 2024 e Luns 20 de maio de 2024 (recoméndase entregar a documentación o xoves para evitar calquera inconveniente).

Pasos a seguir:

 

 

1. Solicitude do Título de Bacharelato.

Unha vez aprobado 2º Bacharelato, debes solicitar o título. Para iso, debes pagar as taxas correspondentes e presentar no centro o xustificante de pago xunto co impreso de solicitude.

Para realizar o pagamento podes:

 

  • Dirixirte presencialmente a unha oficina bancaria e presentar o modelo A cuberto.

  • O pagamento tamén pode ser telemático a través da páxina da Xunta de Galicia ATRIGA.

 

2. Prematrícula nas probas ABAU.

Debes cubrir o impreso de datos persoais e académicos e traelo asinado á secretaría do centro.

 

 

3. Pago das taxas de ABAU.

 O pago das taxas de ABAU pode realizarse:

  •  Presencialmente nunha oficina bancaria (Banco Santander ou Abanca), debendo aportar no centro educativo o xustificante de pagamento.
  • Telemáticamente a través de Nerta. Depois de ter entregado no centro a prematrícula e ter activada a conta na aplicación. Convén que de todos modeos aportes o xustificante de pagamento no centro.

 (IMPORTANTE: Non activar a conta en Nerta ata entregar a documentación no centro educativo)

 

 4. Documentación a aportar no centro.

  •  Fotocopia do DNI.
  • Xustificante de pagamento das taxas do título. En caso de pagamento online das taxas do título, o xustificante xerado no momento do pagamento.
  • Xustificante de pagamento das taxas de ABAU 2024.
  • Impreso de datos persoais e académicos asinado.

  • De ser familia numerosa. Copia do Libro de Familia actualizado.

Os sobres de matrícula pódense recoller na secretaría do IES Vilar Ponte a partir do mércores 15 de maio de 2024

Convocatoria dos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024

Hoxe, 29 de abril, iníciase o período de presentación de solicitudes para participar nos premios extraordinarios de bacharelato 2023-2024 cuxa orde de convocatoria publicouse no DOG o pasado 26 de abril. O prazo de presentación de solicitudes comezará hoxe, 29 de abril e rematará o día 28 de maio de 2024, aberto para o alumnado que finalice os estudos de bacharelato no curso 2023/24 nun centro docente da Comunidade Autónoma de Galicia cunha nota media no bacharelato igual ou superior a 8,75. Os candidatos/as realizarán unha proba presencial única en toda Galicia e simultánea en distintas sedes. Os tres exercicios versarán sobre:

 -Análise e comentario crítico nos dous idiomas cooficiais (20 puntos).

 -Primeira lingua estranxeira (10 puntos).

 -Unha materia do bloque troncal elixida na solicitude (10 puntos).

 Concederanse un máximo de 20 premios dunha contía de 1.000 € por premio.

 Toda a información pódese atopar en: https://www.edu.xunta.gal/premiosedu

 

ADMISIÓN ALUMNADO CURSO 2024/2025

Publicouse no taboleiro interior do centro as listaxes definitivas do alumnado admitido.

Recollida de Títulos

Recollida de títulos da ESO:

Os alumnos/as que finalizaron os estudos de ESO, no curso académico 2021/2022, poden pasar a recoller o seu título na secretaría.

Recollida de títulos do Bacharealto:

Os alumnos/as que finalizaron os estudos de BACHARELATO, no curso académico 2021/2022, poden pasar a recoller o seu título na secretaría.

Importante:

Obrigatorio presentar o DNI para recollelo ou aportar unha autorización asinada polo/a interesado/a e a persoa autorizada coa fotocopia do DNI.

 

Avaliación de diagnóstico.

Os vindeiros días 10 e 11 de abril de 2024 terán lugar as probas de avaliación de diagnóstico do sistema educativo galego. Trátase dunha avaliación de carácter anual que comeza este curso 2023-2024, dirixida a todo o alumnado da comunidade de 4.º curso de educación primaria e 2.º curso de educación secundaria obrigatoria.


Non se trata dunha avaliación do alumnado, pois a avaliación será anónima e, polo tanto, non terá ningún efecto académico nin se reflectirá no expediente do alumnado. O obxectivo desta avaliación non é outro que obter información sobre o sistema educativo e o grao de adquisición das competencias en cada centro, tomando como referencia o alumnado de toda Galicia. A partir da información que se obteña, os centros iniciarán un proceso de reflexión sobre a práctica educativa que terá por resultado o deseño de medidas transformadoras, orientadas á mellora dos resultados e integradas no plan de mellora de cada centro educativo.


Todos os datos recompilados son estritamente confidenciais, e non se revelará a identidade de ningunha persoa. O seu tratamento será anonimizado e con fins unicamente estatísticos.

Poden atopar máis información sobre a avaliación de diagnóstico na seguinte ligazón.

Convocatoria de bolsas MEC para o curso 24/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias.

Saíu publicada a convocatoria das bolsas MEC de carácter xeral para o vindeiro curso 2024/25 dirixidas ao alumnado de ensinanzas postobrigatorias (BAC, FP grao básico, medio e superior, curso de acceso e preparación para probas de acceso á FP, ensinanzas artísticas profesionais e superiores, ensinanzas de idiomas en Escolas Oficiais, ensinanzas deportivas, estudos relixiosos superiores e Universidades).

Poden acceder a máis información ao respecto na seguinte ligazón ou consultando o documento adxunto.

 

 



PROCESO DE ADMISIÓN CURSO 2024-2025

Segundo a orde de 21 de Outubro de 2022 pola que se desenvolve o decreto 13/2022 que regula o procedemento de admisión de alumnado en centros sostidos con fondos públicos, establécese o seguinte CALENDARIO para dito proceso:

 

- Presentación da solicitude de admisión de alumnado que cambie de centro: do 1 ao 20 de marzo.

 - Publicación das listaxes provisionais de admitidos e non admitidos: 25 de abril.

 - Reclamación ás listaxes provisionais: 5 días hábiles a partir do día da publicación.

 - Publicación das listaxes definitivas: 15 de maio.

 

As solicitudes de admisión poden presentarse no propio centro ou ben a través da aplicación admisionalumnado, empregando a chave 365 (https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/)

 

 

Documentación a presentar:

 - Impreso de admisión, Anexo II.

 - Copia do DNI do alumno para o que se solicita praza.

 - Copia do libro de familia.

 - Certificado de convivencia.

 - Certificado de matrícula do curso actual 2023-2024.

 - Certificado de notas de 3ºESO se é a primeira solicitude de admisión para 1º de Bacharelato.

 - En caso de separación dos pais, a solicitude deberá vir asinada polos dous proxenitores e acompañar copia da sentenza de separación ou convenio regulador onde conste a custodia do menor.

 

 

 

RESERVA DE PRAZA PARA O CURSO 2024/2025

As listaxes do alumnado con praza reservada no IES Vilar Ponte pódense consultar no taboleiro interior do centro. Todas as reservas de praza de alumnado de centros adscritos resultaron admitidas.

Información de interese viaxe a París

Achégase o documento sobre a información relativa a viaxe de París 4º da ESO.

Semana Branca 24: indicacións

Nos seguintes ficheiros poderán acceder a información relativa á viaxe a Formigal.

IES Vilar Ponte- Concurso STARTIDEAS

O grupo de alumnas e alumnos de cuarto da ESO de Formación e Orientación Persoal e Economía e Emprendemento, estiveron esta fin de semana en Ourense na entrega de premios do concurso STARTIDEAS de Futurgal, coa su idea de negocio "Fundación Nuevas Oportunidades", unha idea con moito impacto social coa que pretender axundar a xóvenes e adolescentes.

Información sobre a viaxe a París 4º ESO

Estimadas familias.

Podedes consultar toda a información dispoñible sobre a viaxe a París organizada para os cursos de 4º da ESO. Nos seguintes documentos adxuntos:

* Información sobre a reunión do luns 4/12/23 ás 19:00 horas.

* Itinerario e información da viaxe.

A Dirección

IES Vilar Ponte

Semana Blanca 23-24

No seguinte ficheiro poderán acceder á información relativa á viaxe a Formigal do curso 2023-24. Detectamos un erro na versión anterior, motivo polo que confirmamos os prazos para facer efectivos os pagamentos:

1º prazo: antes do 20 de novembro de 2023.

2º prazo: antes do 20 de decembro de 2023.

3º prazo: antes do 15 de xaneiro de 2024.

Presentacións e comezo das clases do curso 2023-24

11 DE SETEMBRO DE 2023

AS PRESENTACIÓNS DO ALUMNADO SERÁN NAS AULAS DE REFERENCIA, QUE ESTARÁN PUBLICADAS ESTA SEMANA NO TABOLEIRO DO INSTITUTO.

12:00 h - 1º (A, B, C) e 2º (A, B, C) da ESO

12:30 h - 3º (A, B, PDC) e 4º (A, B, PDC) da ESO

13:00h - 1º (A, B) E 2º (A, B) de Bacharelato

Rematadas as presentacións de cada grupo, non haberá clases pola tarde.

Entrega de Vales de libros e material escolar

A partir do día 1 de setembro estarán dispoñibles os vales de libros e material escolar, que poderán ser recollidos na oficina do IES Vilar Ponte de 10:00h a 14:00 h.

 

Para recollelos deberá vir a persoa solicitante co seu DNI, no caso de que non poida vir o solicitante, a persoa que veña a recoller os vales deberá vir cunha autorización firmada.

Listaxes Definitivas do Fondo Libros

Publicadas as listaxes definitivas de admitidos e excluídos do fondo libros 2023-2024 no taboleiro do IES Vilar Ponte

Aviso: Libros de texto curso 2023-2024

Non compre mercar libros de texto para as seguintes materias:

  • Bioloxía e Xeoloxía de 1º da ESO.
  • Xeografía e Historia de 2º da ESO.

Ambas materias pasarán a estar incluídas dentro do proxecto E-Dixgal para o vindeiro curso 2023-2024.

Listaxes Provisionais Fondo Libros

Publicadas as listaxes provisionais de admitidos e excluídos do fondo libros 2023-2024 no taboleiro do IES Vilar Ponte

Distribuir contido


by Dr. Radut