O centro educativo culmina a celebración do Día Internacional da Muller e a Nena na Ciencia coa entrega do premio Muller Científica IES Val Miñor. A persoa galardoada este ano 2019 é dona Iria González Vasconcellos. Formada nas aulas do IES Val Miñor, estudou Bioloxía na Universidade de Santiago e posteriormente no University College de Londres onde obtivo o Master of Science.
No ano 2007 ingresa no Helmholtz Center de Munich, Alemaña, onde realiza a súa tese de doutoramento que defende no ano 2011. A partir deste ano de 2011, e primeiro no propio Helmholtz Center e posteriormente no Instituto de Investigación Biomédica de A Coruña, ligado ao SERGAS, comeza seu traballo como investigadora postdoctoral no que lidera dous proxectos europeos sobre radiación e carcinoxénese.
No ano 2018 trasládase ao Centro de Bioloxía Molecular Severo Ochoa do CSIC como persoal docente e investigador da Universidade Autónoma de Madrid ao ser seleccionada como integrante do Programa Estatal de Promoción do Talento e a súa Empregabilidade en I+D+I, máis coñecido como Programa Juan de la Cierva.
Desde que rematou a súa formación como bióloga na Universidade de Santiago no ano 2005, o seu traballo como investigadora está reflectido en numerosas publicacións científicas como investigadora principal ou acompañante, e sempre estivo centrado na inestabilidade xenómica e dos telómeros, a radiación, e os procesos carcinoxenéticos.
[Máis información]