Topic outline

  • logo
  • 1.- Documentación Xeral

  • 2.- Atención ás familias, Asistencia a clase e Ausencia do Alumnado do centro en horas lectivas e Programacións didácticas

    cadro trp

    A asistencia ás clases é obrigatoria e é responsabilidade de cada alumno/a e dos seus pais ou titores legais. Cando unha parte do grupo realice unha actividade complementaria ou extraescolar, aqueles que non participen teñen a mesma obriga de cumprir o seu horario lectivo.

     

    ___________________________

    Saída anticipada do alumnado.

    Durante a súa xornada lectiva, o alumnado de ESO só poderá abandonar o recinto do centro acompañado do/a pai/nai/titor legal, unha vez cuberto o impreso correspondente en conserxería. O alumno/a avisará ao profesor/a correspondente da hora de recollida, quen lle permitirá a saída de clase, e baixará á biblioteca con antelación suficiente para agardar a chegada dos seus país. Lémbrase que dentro das funcións dos conserxes non está a de subir a buscar aos alumnos ás aulas, xa que teñen outras tarefas quenon poden descoidar.

    ________________________________________

    Ausencias á clase. Xustificación de Faltas

    Os alumnos que falten a clase deberán presentar o xustificante dentro dos dous días seguintes á súa incorporación ás clases, amosándollelo ao profesorado co que faltou antes de entregarllo ao seu titor. O xustifacante da ausencia pode pedirse na Conserxería do centro. A ausencia do alumnado a unha proba específica de avaliación deberá ser comunicada con antelación, se estaba prevista, e necesariamente xustificada con documentación.

    Ó final desta mesma páxina encontrarán o impreso descargable.

    ___________________________________________________

    Horario de atención a nais/pais por parte do profesorado.

    Para solicitar unha entrevista con algún Profesor/a ou con o Titor/a compre dirixirse a el/ela mediante o correo electrónico ou mediante os vosos fillos/as. A solicitude dunha entrevista por vía telefónica é de difícil atención pola dificultade (e mesmo imposibilidade en moitas ocasións) de localizar ao profesor/a no momento da chamada. Nalgúns casos tamén pode realizarse a petición mediante a aplicación de Abalar móbil.

    O horario de atención ás familias por parte do profesorado pode consultarse seguindo esta ligazón.

    ___________________________________________________

    Horario do alumnado.

    O horario do alumnado pode consultarse seguindo esta ligazón.

    ______________________________________________________

    Programacións didácticas dos Departamentos

    Este ano temos dúas normativas estatais en vigor, polo que para acceder ás distintas programacións didácticas haberá que telo en conta. As programacións LOMCE son as que corresponden ás materias dos cursos pares e as programacións LOMLOE son as que corresponden ás materias dos cursos impares.

    As Programacións didácticas LOMCE e LOMLOE dos Departamentos do IES no  Curso 2022-2023 pódense consultar seguindo a ligazón.

    __________________________________________________________________-

    Participación do alumnado en convocatorias de folga

    Atendendo ao que a lexislación educativa recolle sobre a participación do alumnado en convocatorias que repercuten sobre o seu dereito á reunión, a normativa do noso centro seguirá as pautas resumidas neste documento.

  • Oferta Educativa E4, B1 e B2

    Que materias escoller en 4º de ESO?, e .. unha vez rematado 4º? .... facer Formación Profesional ou ir á Universidade?. E si é a universidade ... que grao? Que bacharelato? Que materias escoller no bacharelato?.

    A elección debe ser moi meditada e pensando sobre todo nos futuros estudos que se queren realizar e naquelas materias nas que se obtivo nos últimos cursos un rendemento satisfactorio. Non hai que deixarse levar polas eleccións que fan os amigos e amigas, ou por aquelas materias que resulten máis cómodas e fáciles de aprobar sen ter en conta que non son as que se van a necesitar posteriormente, porque non sería sensato nin conveniente.