A aula virtual que se presenta aquí será, a partir da data da súa creación, a canle que permitirá o establecemento dos contactos necesarios entre os docentes do Departamento de Xeografía e Historia -neste curso o profesor Daniel Mulet- e o alumnado do IES Val Miñor do segundo curso de Educación Secundaria Obrigatoria que teña non superado algún dos cursos anteriores a aquel que cursa actualmente.

Ao longo do curso esta plataforma servirá para informar ao alumnado das cuestións necesarias para a superación da materia:

-Convocatorias de reunións.

-Datas e horas de atención a pendentes por parte do profesorado encargado.

-Caderniño de exercicios.

-Datas de entrega destes.

-Datas das probas obxectivas (exames) que se realizarán en febreiro e maio.

-Calquera outra incidencia que sexa necesario trasladar ao alumnado para a superación dos cursos pendentes.