Este curso será a ferramenta básica de comunicación entre o profesorado do Departamento de Xeografía e Historia e o alumnado dos cursos superiores a 1º de ESO que teñan materias pendentes deste curso.

Nesta páxina irán subíndose os materiais necesarios para a superación da materia pendente, os caderniños de exercicios que o alumnado deberá realizar e as datas de entrega destes traballos e da celebración das probas -exames- dos meses de febreiro e maio.