Curso 2023-24
VIAXE DE FIN DE ETAPA A CANTABRIA DO ALUMNADO DE 4º ESO
Este curso a alumnado de 4º de ESO elixiu unha viaxe de multiaventura para despedir o seu paso polo IES Val Miñor e unha etapa importante na súa formación. Durante cinco días realizaron diferentes actividades en Cantabria, Asturias e Galicia.
Desexamos que a viaxe permaneza na súa memoria!
Proxecto sobre o mosaico romano de Panxón
Este curso, na materia de Proxecto Competencial de 1º de ESO, levamos a cabo un proxecto sobre o mosaico romano de Panxón. En primeiro lugar, o alumnado investigou sobre os mosaicos en xeral, para despois centrarse no de Panxón, que ademais debuxaron por grupos en cartolinas. No segundo trimestre, recibimos a visita do profesor de historia e arqueólogo Gustavo Pascual, membro da Asociación para a Repatriación do Mosaico de Panxón, que nos deu unha charla moi interesante sobre como se elabora un mosaico, sobre o valor do exemplar achado en Panxón e sobre as peripecias polas que leva pasado dende que foi atopado ata a actualidade. E finalmente, no terceiro trimestre, e como colofón a todo o traballo previo, elaboramos unha reprodución do mosaico a tamaño case real con teselas de verdade.

ACTIVIDAD DE ESCAPE-FIN DE CURSO
IES VAL MIÑOR NA CLASIFICACIÓN XERAL DE https://matematico.es DO CURSO 23/24
Un ano máis temos que felicitar ao noso alumnado de Matemáticas polo gran esforzo e os bos resultados que tiveron ao longo de todo o curso na competición organizada pola plataforma https://matematico.es/
Finalmente, os grupos da ESO: 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 2ºC quedaron entre os primeiros postos na Clasificación Xeral por Grupos dos participantes de toda España.
A puntuación de cada grupo calcúlase coa media aritmética dos puntos logrados polo alumnado de grupo.
Mención especial merece Manu, alumno de 1ºA, que co seu bo traballo conseguiu aparecer na Clasificación Xeral Individual.
Entrega de premios dos concursos de cultura clásica e de tradución 2024
O xoves 13 de xuño celebrouse na Facultade de Filoloxía da USC o acto de entrega dos premios do Concurso Odisea de Cultura Clásica e da Olimpíada de Tradución de Latín e Grego. Alí acudiron dous alumnos nosos, María Abadía e Martín Rey, a recoller os dous premios que gañaron ao longo deste curso: o terceiro premio do Concurso Odisea (que acadaron formando equipo xunto con Paula López), e o terceiro premio de tradución que obtivo Martín na modalidade de Latín.
Parabéns!
Resultados da IX Olimpíada de Tradución de Textos Clásicos
O esforzo e a entrega pagou a pena! Habemus victorem olympicum! O noso alumno, Martín Rey Álvarez, conseguiu alzarse co terceiro premio na proba de Latín competindo contra alumnado de toda Galicia. Moitos parabéns!
Programa educativo: "Que non te líen .Ti elixes". Para o alumnado de 3º de ESO.
Este venres, 7 de xuño, José Angel, do cluster do granito, presentoulles ao alumnado de 3º de ESO, o programa "Que non te líen. Ti elixes". O obxectivo do mesmo é favorecer unha orientación laboral libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina.
Falouse neste caso, de mulleres que traballan no ámbito do metal e da construcción.