Saltar navegación.
Inicio

P.D. Antón Fraguas. Nigrán século XX. Locais de lecer

PROXECTO DIDÁCTICO Antonio Fraguas: OS LOCAIS DE LECER NO NIGRÁN DO SÉCULO XX.

 O proxecto do IES VAL MIÑOR (inserido dentro do Plan Proxecta +, programa didáctico Antonio Fraguas)  ten como obxectivos  o recoñecemento por parte do alumnado dos locais de lecer e tempo libre que existían no Nigrán do século XX e tamén recuperar a memoria colectiva da diversión daqueles tempos.

 

Lecer en Nigrán: entrevista con Juan Fernández

A Radioteca Val miñor continúa coa súa xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de lecer do noso concello, e ensta ocasión tivemos a sorte de contar con Juan Fernández, un veciño cunha memoria e saber da historia local que nos deixou abraiados. Grazas a el sabemos de máis locais e de concertos e visitas ilustres ao longo do século XX. Un PODCAST para non perder, malia que tivemos algún problema técnico. Graciñas Juan!

O lecer en Nigrán no século XX: chamado á veciñanza do Val Miñor

O alumnado de 3ºESO PMAR fai un chamado de colaboración á veciñanza do Val Miñor para afondar no seu proxecto de investigación sobre o lecer en Nigrán durante o século XX.

Procuramos fotografías e testemuños sobre os locais de ocio onde se divertía a nosa xente, así como as historias que alí xurdiron. Esta investigación, dentro do Proxecto Didáctico Antón Fraguas,trata de salvagardar a memoria colectiva destes lugares e da xente que os frecuentaba.

Entrevista ao Alcalde Juan González

O alumnado de 3PMAR continúa investigando sobre o ocio en Nigrán durante o século XX, dentro do proxecto ANTÓN FRAGUAS  inserido nos PROXECTA+ da Consellería de Educación.

O pasado 11 de febreiro recibimos na radio da biblio a Juan González, quen nos trouxo as memorias da vila como alcalde, historiador e veciño.

Foron 20 minutos de charla ben entretida na RADIOTECA VAL MIÑOR, o noso programa que podedes escoitar NESTE PODCAST.

RADIOTECA VAL MIÑOR: comezamos a gravar!

O pasado 4 de febreiro comezamos as gravacións de RADIOTECA VAL MIÑOR, a radio escolar que puxemos a andar no IES.

Foi o alumnado de 3ºPMAR quen creou este programa iniciando unha xeira de entrevistas para coñecermos os lugares de ocio en Nigrán no século XX, coa angueira de salvagardar a memoria colectiva deses lugares que na súa inmensa maioría xa non existen. Este traballo de investigación fai parte do Proxecto Didáctico Antón Fraguas, dentro do programa PROXECTA+ da Consellería de Educación.

Distribuir contido