Podcast
Entrevista ao Alcalde Juan González
O alumnado de 3PMAR continúa investigando sobre o ocio en Nigrán durante o século XX, dentro do proxecto ANTÓN FRAGUAS inserido nos PROXECTA+ da Consellería de Educación.
O pasado 11 de febreiro recibimos na radio da biblio a Juan González, quen nos trouxo as memorias da vila como alcalde, historiador e veciño.
Foron 20 minutos de charla ben entretida na RADIOTECA VAL MIÑOR, o noso programa que podedes escoitar NESTE PODCAST.
ALEJANDRO FERNÁNDEZ DE 2º de BACH. FOI O GAÑADOR DO CONCURSO "O LIBRO QUE LIN NO VERÁN".
Alejandro Fernández de 2º de Bacharelato foi o gañador da primeira edición do concurso: "o libro que lin no verán". Grazas a todos e todas pola vosa participación. Parabéns Alejandro.