Saltar navegación.
Inicio

Curso 2021-22

PROXECTO DIDÁCTICO Antonio Fraguas: OS LOCAIS DE LECER NO NIGRÁN DO SÉCULO XX.

 O proxecto do IES VAL MIÑOR (inserido dentro do Plan Proxecta +, programa didáctico Antonio Fraguas)  ten como obxectivos  o recoñecemento por parte do alumnado dos locais de lecer e tempo libre que existían no Nigrán do século XX e tamén recuperar a memoria colectiva da diversión daqueles tempos.

 

CP CONVIVE-T: ENQUISA DE SATISFACCIÓN DO ALUMNADO DE 1º DE ESO.

Aquí recollemos os resultados de satisfacción do alumnado de 1º de ESO durante o seu primeiro ano no noso instituto.

ACTIVIDADES PARA A MEMORIA DE DINAMIZACIÓN CURSO 21-22

Resultados dos exames de Latín e Grego de ABAU

Os alumnos e alumnas de Latín II e Grego II realizaron un traballo espectacular ao longo deste curso académico 2021-2022, e o seu esforzo viuse debidamente recompensado nos resultados obtidos polos que se presentaron á convocatoria ordinaria de ABAU. Unha media de 8,88 no exame de Latín e 9,33 no de Grego!

Parabéns, fenómenos!

Pintando Versos

Para recibirmos a Joaquín Araújo o pasado mes de abril, engalanamos o centro con ilustracións feitas polo alumnado a partir dunha escolma de poemas onde se recollía o amor pola terra e a natureza.

Velaquí o resultado deste proxecto interdisciplinar onde participous alumnado de distintas etapas coa participacións dos departamentos de Educación Plástica e Visual, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Galega e Literatura e ao coidado da Biblioteca e o EDLG.

 

ÚLTIMOS DÍAS DE CURSO EN EDUCACIÓN FÍSICA

Nun entorno natural tan privilexiado coma o que temos non fai falta ir lonxe para facer actividade física. Despedindo o curso con boas sensacións e experiencias de educación física, porque o obxectivo é a adherencia a un estilo de vida saudable.

Para ver as fotos da ruta de sendeirismo CLICA

Para ve as fotos de volei praia CLICA

Distribuir contido