Saltar navegación.
Inicio

Curso 2020-21

MEMORIA DE ACTIVIDADES CLUB DE LECTURA 2020-21

MEMORIA DE ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN

Cerámica castrexa entregada ós nosos alumnos!

Fomos antes de rematar o curso a recoller na Fundación Terra Termarum a nosa cerámica. Os rapaces puideron levar as súas pezas antes de rematar o curso!

Cerámica castrexa de regreso xa cocida para os nosos alumnos!

Fomos até a Fundación Terra Termarum a recoller a pezas xa cocidas dos nosos alumnos! Chegaron a punto para que as puidesen levar para casa antes de rematar as clases. Moi orgullosos dos nosos artistas!

Poemas de Xela musicados

Durante a Semana das Letras a nosa lista de reprodución sonou pola megafonía do centro. Como van saíndo novas obras seguimos a actualizar a nosa lista de reprodución XELA NA MÚSICA . 

https://youtube.com/playlist?list=PL2hshGU8DtNwFPffPPiBbY--wDPm71Jkd

Aquí tedes os autores que temos!

Penúltimas tendencias: escolma e recitado

Durante o terceiro trimestre botou a andar un club de lectura con alumnado de 4ºESO, coa lectura do clásico de Salinger O vivía no centeo.

Despois animámonos coa poesía, e o boca orella da estupenda recepción de PENÚLTIMAS TENDENCIAS de Carlos Negro, fixo que se fose animando máis e máis xente, e todos comprobaron que a poesía presta. Velaquí os tedes seleccionando os seus poemas favoritos e reflexionando sobre a lectura.

CONFERENCIA DO Dr. CARLOS SPUCH, INVESTIGADOR NO HOSPITAL ÁLVARO CUNQUEIRO

O Venres 11 de xuño volvemos a ter o privilexio de contar co Dr. Carlos Spuch, investigador no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo, que impartiu unha charla moi interesante sobre a enfermidade de Alzheimer ao alumnado de 1º de bacharelato de Anatomía Aplicada e Bioloxía e Xeoloxía. Transmitir o coñecemento e os avances en investigación sobre estas patoloxías tan presentes na sociedade actual é outro xeito de acercar a ciencia e a actividade científica ao alumnado. Grazas Carlos!! É un pracer poder contar contigo!

Distribuir contido