Saltar navegación.
Inicio

STEMbach

ANA ORTIZ, CÉSAR ARES E ESTELA IGLESIAS ACHÉGANSE AO CENTRO, PARA FELICITAR ÁS GAÑADORAS DO PREMIO STEPHEN HAWKING.

O Xefe Territorial, a delegada de educación en Vigo e a inspectora do noso centro, coordinaron as súas axendas, para felicitar en persoa, ás alumnas gañadoras do Premio Stephen Hawking. A continuación dispoñedes dos traballos realizados no programa STEMbach do bienio 2022-24. 

ÉXITO NA PARTICIPACIÓN NO PREMIO STEPHEN HAWKING. 2º PREMIO PARA ARIANE E EVA. PARABÉNS!

As alumnas de segundo de bacharelato Ariane Antequera González e Eva Leyenda de Arriba obtiveron un segundo premio na VI edición do Premio Stephen Hawking do IES Plurilingüe Rosalía de Castro de Santiago polo seu traballo de investigación “Estudio de la presencia de microplásticos en la costa valmiñorana”. O traballo foi coordinado polo profesor do centro César Rodríguez López e tamén titorizado por investigadores do Instituto Español de Oceanografía-CSIC. CO de Vigo, Begoña Pérez Fernández e Gustavo Blanco Heras.

Val de Miñor é Ciencia.I Feira Científica. Proxectos de investigación. Conferencia de Khadija Amanda Barciela López

O venres 21 de abril, O IES Primeiro de Marzo e o IES Val Miñor en colaboración cos concellos de Baiona e Nigrán, organizaron unha xornada científica na que o alumnado foi o protagonista xa que foron eles os encargados de dinamizala explicándolle ós mais cativos algúns fenómenos naturais e as súas investigacións.

RAQUEL X. IGLESIAS GALARDOADA CO PREMIO DE INVESTIGACIÓN VAL MIÑOR

A antiga alumna deste centro, Raquel X. Iglesias, foi a gañadora da segunda edición do Premio de Investigación Val de Miñor que convocou o Instituto de Estudos Miñoráns. O galardón recibiuno pola calidade do seu proxecto "Análise da concentración de hidrocarburos aromáticos policíclicos (HAPs) en mexillón de rocha da costa do Val Miñor" que realizou dentro do programa STEMBACH durante o bienio 2021-2022, e que foi titorizado polo profesor de física e química, César Rodríguez López, e a doutora Begoña Pérez Fernández do Istituto Español de Oceanografía de Vigo.

Enquisa para colaborar no proxecto de investigación STEMBach

Un alcume é un substantivo antropónimo que se engade ou substitúe ao nome dunha persoa ou unha familia, tomado dos seus defectos físicos, morais ou doutras circunstancias. Entre os seus sinónimos recóllense palabras como adeallo, alcuño ou nomeada.

Distribuir contido