Biblioteca
A FURGOLIBRO DA TÍA NI
O mércores 9 de novembro tivemos con nós a Nieves e a súa Furgolibro. A tía Ni, como tamén a coñecen, explicounos que traballara durante anos nunha editorial, e cando esta pechou, lonxe de abandonar os libros, convertiunos no seu motor de vida grazas á Furgolibraría coa que percorre pobos e aldeas galegas para cumprir cun soño que hoxe é realidade: que os libros cheguen a cantos queiran aprender e gozar con eles.
Un bo lote destas lecturas, seleccionadas polo noso alumnado, quedarán para sempre na nosa biblioteca agardando a que sexas ti quen queira gozar e aprender con elas.
Grazas, Nieves!!
ALGO PASA NA BIBLIOTECA
A nosa biblioteca estrea novo "look": novos espazos de lectura, andeis de novidades, sofá, mesas trapezoidais, espazo para a poesía, zona de radio, ademáis dos moitos libros que nos pedistes e que xa están a túa disposición. Queremos contarche tamén que pronto empezarán na biblioteca os torneos de xadrez e tamén o club de debate para os que cursades 4º ESO e bacharelato. Agardámoste!