Saltar navegación.
Inicio

Novidades en galego

Manuel Rivas, Premio Nacional das Letras Españolas

O coruñés Manuel Rivas, posiblemente o escritor actual en lingua galega con maior proxección fóra da nosa terra, vén de ser galardoado polo Ministerio de Cultura co Premio Nacional das Letras Españolas do ano 2024, engrosando así a súa longa lista de recoñecementos. O xurado salientou que "poucos autores do panorama literario español, partindo dun compromiso firme coa súa lingua, conseguiron acadar tal recoñecemento a nivel mundial".

Yolanda Castaño gaña o Premio Nacional de Poesía

A poeta compostelá Yolanda Castaño, cunha traxectoria prolífica e amplamente recoñecida en Galicia, vén de ser galardoada co Premio Nacional de Poesía 2023 polo Ministerio de Cultura e Deporte polo seu poemario Materia, valorado polo xurado como "unha poderosa proposta poética na que cada estado da materia se expresa nun ton propio".

Cuncha de Ouro en San Sebastián para O Corno

O cine en galego segue a triunfar! Despois de que As Bestas, de Rodrigo Sorogoyen, arrasase na última edición dos Premios Goya, o pasado sábado 30 de setembro a directora donostiarra afincada en Santiago de Compostela Jaione Camborda fixo historia no Festival de Cine de San Sebastián ao ser a primeira muller española en gañar a Cuncha de Ouro. Fíxoo coa súa segunda longametraxe, O Corno, rodada en galego e de produción galega. O filme, protagonizado pola bailarina porriñesa Janet Novás, que con este traballo debuta como actriz, está ambientado na Illa de Aurosa a comezos dos 70, pero trata un tema moi actual: o dereito ao aborto.

A película estréase en Galicia o martes 3 deste mes no Festival Curtocircuíto, e chegará ás salas o día 11. Non vola perdades!

Aquí podedes ler unha entrevista á directora e ver o trailer da película:

ACHADO O CHIFLO DO AFIADOR QUE RECOLLEU ADAM LOMAX NO ANO 52

O etnomusicólogo americano Alan Lomax recolleu sons da nosa musica popular no ano 52. Xaquín Lorenzo e Ferro Couselo guiarono ata Luintra onde quedou abraiado cos sons do chifro do afiador José María Rodríguez. Recolleu ata conco gravacións e amosoullas a outros músicos dos que seica foi inspiración. Algúns pensan que o trompetista Miles Davis no seu album “Sketches of Spain” recolle acordes que lembran os sons recollidos, en concreto, á "Alborada de Vigo" co chifro de José María.

A dixitalización do arquivo de Lomax permite escoitar eses cinco cortes e comprobar as semellanzas nas melodías de Davis.

PREMIO NACIONAL DE NARRATIVA PARA MARILAR ALEIXANDRE POLA SÚA OBRA AS MALAS MULLERES

Hoxe queremos festexar o premio nacional para unha obra en galego:

Narra a situción das mulleres presas a finais do século XIX no cárcere de Galera, A Coruña. Daquela o papel de persoeiros coma Concepción Arenal e Juana de Vera foron moi importantes na reivindicación da dignificación das condicións nas que vivían as presas dende unha perspectiva humanista e feminista.

O MELLOR GRAFITI DO MUNDO É DO NOSO ARTISTA GALEGO DIEGOAS

O Julio César que olla cara a muralla de Lugo acaba de seren nomeado o mellor grafiti do mundo no Street Art Cities.

Hai unhas semanas informábamosvos de que catro obras de artistas galegos quedaran entre os 100 mellores do mundo para que foran apoiados nas votacións finais.

Non temos que máis festexar que o Julio César do noso DiegoAs foi selecionado como o mellor!!

Foto: CC by Praza.gal

CATRO MURALISTAS GALEGOS FINALISTAS NO MELLOR MUNDIAL DO 2021

Os nosos muralistas están a participar coas súas propostas no certane Street Art Cities, vota  no seguinte enlace para escoller o mellor:

https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSfYEDuRxZUgQHAacmQzRZfXScJUx1X49pKRp4Mwfv2RPmEQ4g/viewform

UD TANXUGUEIRAS

Cándido Paniagua Pousa, escritor e profesor no IES Elviña, foi noticia esta fin  de semana pola difusión da súa unidade didáctica sobre o tema Terra.

Un xeito innovador de traballar contidos e normalizar o uso da nosa lingua!

https://aulasgalegas.org/2022/01/18/venen-para-quedar/

Tamén noraboa ó grupo polo éxito de vendas no inicio da súa xira! 

Cultura culinaria: Publicada a receita do Roscón de Camos!

O Concello de Nigrán vén de publicar unha guía que se estrea en Fitur na que se publica a a receita do prestixioso doce de KopenaCamos:

  • 1200 gr de fariña
  • 1 Kg de azucre
  • 6 ovos
  • 200 ml de anís
  • 1 kg de manteca
  • Lévedo
  • Froitos confitados

Alfonso Valverde revelou a receita:

Mesturamos a auga coa metade da fariña e o lévedo. Logo engadimos o azucre, os ovos, o anís e  o resto da fariña, amasamos e finalmente poremos a manteca e voltaremos a traballar a masa.

Distribuir contido