Xeografía e Historia
VISITA AO PARQUE ARQUEOLÓXICO DE CAMPO LAMEIRO
VISITA A OPORTO O 25 MAIO 2022
Para ver o álbum de fotos e o vídeo CLICA
O alumnado de 1º a 4º da ESO compoñente do club de lectura e o alumnado de Antropoloxía de 1ºBACH, fixeron unha visita ao centro histórico de Oporto (Portugal). O centro da visita foi coñecer a famosa librería "Hermanos Lello". Despois fixemos un pequeno recorrido pola cidade visitando a Estación de tren, o edificio da bolsa, o barrio de Ribeira, Palacio da Música ...
CHARLA SOBRE O CAMPO DE CONCENTRACIÓN DE CAMPOSANCOS DO CONCELLO DA GUARDA
Esta interesante e didáctica exposición consta de dúas partes. Na primeira o catedrático de Historia Carlos Alonso Ucha contextualiza históricamente este edificio analizando as causas que levaron á Administración franquista a abrir un campo de concentración en Camposancos. Na segunda parte desta unidade Jose Manuel D. Freitas e Anonio Uris Guisantes explican o funcionamento desta institución, a utilidade de cada unha das súas dependencias así como a súa decadencia final.
CANDO MEDIR O NIVEL DE CO2 COMEZOU A FORMAR PARTE DA VIDA DAS NOSAS AULAS
Remata un curso que será inesquecible para o alumnado, profesorado e todos os traballadores do IES Val Miñor. As nosas aulas enchéronse de metros de distancia entre amigos e compañeiros, mesas cheas de rolos de papel, desinfectantes, hidroxeles, mamparas, máscaras, libros e material imposible de compartir, …
Dende aqueles primeiros días convivimos en aulas e espazos cotiás con portas e ventás sempre abertas de par en par, con chuvia ou vento, con sol ou brétemas. As mantas formaron parte do noso vestiario habitual, xunto cos abrigos, luvas ou bufandas.
Saída á serra da Groba
Saída á “SERRA DA GROBA”. CANDO NATUREZA E HISTORIA SE CONVERTEN NUNHA COMBINACIÓN “ESPECTACULAR”
Viaxe cultural ao norte de Galicia e Asturias
Viaxe cultural ao norte de Galicia e Asturias os días 17,18 e 19 de Xuño. Participan 27 alumnos da materia de Historia e Cultura das Relixións de 1º e 2º de ESO.
Saída didáctica a Santiago de Compostela.
Visita a Santiago de Compostela o mércores 18 de Marzo con 50 alumnos/as de Historia da Arte e Historia de España de 2º de Bacharelato.
A visita consistíu nunha análise do período e estilo románico ao través do estudio do interior, as cubertas e o Pórtico de Praterías da catedral. Despois se fixo un estudio do Renacmento ao través de edificos como o Hostal dos Reis Católicos e outro do Neoclasicismo tomanso como referencia o Pazo de Raxoi.