Música
TALLER DE VENTO METAL IMPARTIDO POR DANIEL GONZÁLEZ
Taller de vento metal impartido por Daniel González, ao alumnado de 1, 2 e 3 ESO. Ensinounos o funcionamento destes instrumentos e a posibilidade que temos de aprender a usalos no noso concello a través da escola de música. CLICA para ver o que alí aconteceu.
CONCERTO DO ALUMNADO DE 1º BACHARELATO MATRICULADO EN LINGUAXE E PRÁCTICA MUSICAL CO ALUMNADO DO CENTRO JUAN MARÍA.
Hoxe, 19 de decembro de 2023, tivo lugar o primeiro concerto musical entre os centros IES Val Miñor e o Centro Juan María de Nigrán.
Queremos felicitar ao alumnado de 1º de ESO matriculado en linguaxe e práctica musical do IES e, especialmente a Iago e André do Centro Juan María polo seu bo facer.
CAMBIAMOS AS LETRAS
O departamento de música en colaboración co departamento de galego xogou coas letras de cancións coñecidas e aquí está o resultado.
Novo disco: Hasme Oir da Banda da Loba - Homenaxe a Xela Arias
Fermoso homexane a Xela neste disco, especialmente coa estrea o domingo 16 de maio, do videoclip do poema Dario a Diario:
CONCURSO EXPOSICIÓN INSTRUMENTOS MUSICAIS
O alumnado de 2º da ESO realizou instrumentos musicais con obxectos reciclados. Se queres ver as fotos do resultado CLICA aquí ou na imaxe
Tanxugueiras
Midas, o tema máis novidoso de Tanxugueiras, no que hai unha fusión entre a música tradicional galega e o urbano!
Tanxugueiras, mulleres "empoderadas" con un son moi característico e persoal.
ACORDEIRETA
Recomendamos a publicación de Loitar Cantando, o último disco Acordeireta.
Son de moi pretiño, Saiáns.
Nesta obra recopilan pezas inéditas coma: "Rinconciño de Galicia " de Avelino Abril, veciño de Saiáns e membro da charanga "Os leóns de Camos".