Saltar navegación.
Inicio

Orientación

CHARLA TEATRALIZADA: A VIOLENCIA NOS VIDEOXOGOS.

Este luns, 11 de novembro, e adiantándonos a celebración do día internacional para a eliminación da violencia contra a muller, o alumnado de 3º de ESO participou nunha charla teatralizada sobre o papel que xogan as personaxes femininas nos videoxogos. O obxectivo desta actividade era identificar o sexismo e adoptar unha actitude crítica ante a violencia de xénero nos videoxogos e ante as situacións de discriminación e desigualdade.

O ALUMNADO DE 2º E 3º DA ESO ASISTE A UNHA CHARLA DA ASOCIACIÓN AESLEME SOBRE CAUSAS QUE PRODUCEN OS ACCIDENTES E FORMAS DE EVITALAS.

Este 29 de novembro o alumnado de 2º e 3º da ESO  asistiu a unha charla impartida por Félix da Asociación AESLEME (Asociación española de lesionados medulares). O obxectivo da mesma era coñecer as causas que producen os accidentes e a forma de evitalas, que facer cando se produce un accidente para non expoñerse e non agravar as lesións existentes e as consecuencias dos accidentes: lesións medulares, traumatismos craneoencefálicos: problemas físicos, psicolóxicos e sociais.

 

O ALUMNADO DE 3º DE ESO ASISTE A CELEBRACIÓN DO DÍA MUNDIAL DA SAÚDE MENTAL.

 O alumnado de 3º de ESO asistiu hoxe, 10 de outubro, a celebración  do día mundial da saúde mental invitados pola Asociación Avelaíña. No acto falouse da prevención do suicidio, do consumo de tóxicos e das novas tecnoloxías. Esta charla foi impartida por Alar Galicia. Finalizou a conmemoración coa actuación da monologuista Arantxa Treus.


PROGRAMA DE BECAS. FUNDACIÓN AMANCIO ORTEGA.

A fundación Amancio Ortega, abre o prazo de inscrición para estudar no estranxeiro (Canadá ou EE.UU) un ano escolar equivalente a 1º de bacharelato. O programa de becas está dirixido a estudantes de 4º de ESO. O prazo de inscrición vai do 2 ao 24 de setembro do 2024.

Para máis información:

https://becas.faortega.org/documents/50/PBFAO_Bases_Participacion_Ed_2025-26.pdf

Programa educativo: "Que non te líen .Ti elixes". Para o alumnado de 3º de ESO.

 Este venres, 7 de xuño, José Angel, do cluster do granito, presentoulles ao alumnado de 3º de ESO, o programa "Que non te líen. Ti elixes". O obxectivo do mesmo é favorecer unha orientación laboral libre de estereotipos de xénero e de prexuízos respecto das profesións con pouca representación feminina. 

Falouse neste caso, de mulleres que traballan no ámbito do metal e da construcción.

XORNADA DE ACOLLIDA NO IES VAL MIÑOR AO ALUMNADO DO CEIP da Cruz- Camos e de CEIP Humberto Juanes.

Este venres, 24 de maio, recibimos ao noso futuro alumnado de 1º da  ESO. Coñeceron a que vai ser a súa casa a partir de setembro. Esperámolos ao finalizar as vacacións de verán. Animamolos a vir con enerxías renovadas e confiados en que aquí van pasar uns anos marabillosos.

ALUMNADO DE 4º DE ESO E 1º DE BACHARELATO VISITAN OS CIFP MANUEL ANTONIO E VALENTÍN PAZ ANDRADE

Alumnado de 4º de ESO e o alumnado matriculado en Bioloxía e Anatomía de 1º de Bacharelato visitaron hoxe, 4 de abril, os centros integrados de formación profesional Manuel Antonio e Valentín Paz Andrade de Vigo. Coñecendo, de primeira man, a oferta dos ciclos formativos destes centros.

CHARLA DE OSCAR MARTÍNEZ sobre o DOBRE GRAO DE BIOLOXÍA-QUÍMICA PARA 1º DE BACHARELATO.

O 22 de marzo, Oscar Martínez, graduado no dobre grao de Bioloxía e Química pola USC, impartiu unha charla ao alumnado matriculado en Bioloxía en 1º de Bacharelato. Coa súa cercanía e os seus grandes coñecementos facilitou os rapaces e rapazas moita información sobre este dobre grao e sobre a vida universitaria. Moitas grazas Oscar e grazas tamén a Nerea por facilitarnos o contacto.

Distribuir contido