Matemáticas
ACTIVIDAD DE ESCAPE-FIN DE CURSO
IES VAL MIÑOR NA CLASIFICACIÓN XERAL DE https://matematico.es DO CURSO 23/24
Un ano máis temos que felicitar ao noso alumnado de Matemáticas polo gran esforzo e os bos resultados que tiveron ao longo de todo o curso na competición organizada pola plataforma https://matematico.es/
Finalmente, os grupos da ESO: 1ºA, 1ºB, 2ºA, 2ºB, 2ºC quedaron entre os primeiros postos na Clasificación Xeral por Grupos dos participantes de toda España.
A puntuación de cada grupo calcúlase coa media aritmética dos puntos logrados polo alumnado de grupo.
Mención especial merece Manu, alumno de 1ºA, que co seu bo traballo conseguiu aparecer na Clasificación Xeral Individual.
DÍA DE PI // SEMANA DAS MATEMÁTICAS
Hoxe celebramos o Día de Pi (3/14), Día Internacional das Matemáticas, inaugurando A SEMANA das MATEMÁTICAS do IES VAL MIÑOR, que durará ata o vindeiro xoves 21 de marzo.
Cada ano, a Unión Matemática Internacional, quen lidera o proxecto do “Día Internacional das Matemáticas” (idm314.org), propón un tema para fomentar a creatividade ao redor das matemáticas e estimular a participación. O tema para 2024 é: "Xogando coas matemáticas". De acordo co tema seleccionado este ano, durante os dous recreos de cada día e ata o vindeiro xoves, organizaranse na Biblioteca do centro obradoiros e xogos dirixidos polos nosos monitores: estudantes de 1º e 2º de ESO.
SEMANA DAS MATEMÁTICAS NO IES VAL MIÑOR. DO 14 AO 21 DE MARZO
Estamos a organizar a Semana das Matemáticas no IES Val Miñor: Tangrams, pentaminós, cubos soma, torres de Hanoi, tres en raia áureo, pontes de Königsberg e outros labirintos, xogo do prisioneiro etc.
Xa queda pouco para xogar con eles nos recreos do 14 ao 21 de marzo.
Confiamos en que vos divirtades xogando e pensando.
IES VAL MIÑOR NA CLASIFICACIÓN XERAL DE https://matematico.es
Parabéns ao noso alumnado de Matemáticas de 1ºA, 2ºA, 2ºB, 3ºA e 3ºB polo gran esforzo e os bos resultados que tiveron ao longo de todo o curso na competición organizada pola plataforma https://matematico.es/
Finalmente, estes grupos quedaron entre os primeiros postos na Clasificación Xeral por Grupos dos participantes de toda España.
A puntuación de cada grupo calcúlase coa media aritmética dos puntos logrados polo alumnado de grupo.
Mención especial merecen os mozos que máis puntos lograron en cada grupo, algúns deles aparecen na Clasificación Xeral Individual:
FINALISTAS DO CONCURSO DE "FOTOGRAFÍA MATEMÁTICA 2023" DO IES VAL MIÑOR
Presentámosvos a selección de fotos finalistas do concurso de “Fotografía Matemática 2023” do IES Val Miñor nas CATEGORÍAS de 1º-2ºESO e 3º-4ºESO-Bach. Estas 24 fotos seleccionadas optan a ser as gañadoras do Primeiro e Segundo premio en cada categoría, que recibirán un vale por material escolar de 20€ e 10€, respectivamente. O xurado do concurso fará público nos próximos días o seu veredicto. Sorte para todos/as.
PARTICIPACIÓN DO NOSO ALUMNADO NAS PROBAS ESTALMAT-GALICIA
O sábado 3 de xuño, os nosos alumnos Alba, Anxo, Hugo, Lara, Vera e Xoana de 1º de ESO, participaron na proba de selección de ESTALMAT-Galicia que se desenvolveu no IES Caslelao de Vigo.
Este proxecto organizado desde a Facultade de Matemáticas da USC ten como finalidade a detección e o EStímulo do TALento MATemático dos estudantes que cursan cada ano 6º de Primaria e 1º de ESO.
Queremos agradecer aos nosos valentes estudantes que aceptasen o reto de presentarse á proba. Independentemente do resultado que teñan, para nós xa son gañadores por gozar da experiencia e polo entusiasmo mostrado na materia de matemáticas.
Para máis información sobre este proxecto: ESTALMAT-Galicia (estalmatgalicia.com)