Club de lectura
No club de lectura recibimos a visita de Angela G. Comesaña.
Este xoves, 6 de maio, recibimos a visita de Angela Comesaña, ex-alumna do noso centro educativo. Falou cos compoñentes do Club de Lectura de como naceu o seu interese para escribir, o papel que xogou a súa nai na creación dese hábito, das súas lecturas favoritas, da súa constancia á hora de escribir, dos certames aos que se presentou, do profesorado que a animaron a continuar escribindo, do seu mellor amigo que sempre lle corrixe os seus escritos e de moitas cousas máis. Dende o primeiro momento foi capaz de captar a atención do público presente. Grazas Angela por ser tan xenerosa e compartir con nós as túas esperiencias.
A ESCRITORA SONIA MIRÓN VISITA O IES VAL MIÑOR
O mércores 3 de abril o alumnado de 1º de ESO tivo a oportunidade de coñecer á escritora viguesa Sonia Mirón, autora de títulos como Si tú quieres, No son mariposas, son elefantes, Mi corazón en una caja de zapatos ou Un sol dentro de mí.
Sonia falounos da súa infancia, na que gozaba sempre da compañía dun libro, da súa adolescencia, na que comezou a escribir o seu primeiro diario, e tamén do seu presente, no que combina as dúas paixóns da súa vida: a escritura e a docencia.
A ESCRITORA MARTA CURRÁS FALA DO SEU OFICIO DE ESCRITORA CO ALUMNADO DO CLUB DE LECTURA.
A escritora Marta Currás, finalista en diversos concursos de microrrelatos e contos e, de novelas tan entretidas como Templados por el sol, mecidos por el viento (Círculo de lectores, 2018), inspirada nunha das súas viaxes pola costa leste estadounidense e La memoria de las olas (Editorial Juventud,2019. Premio Nostromo) unha novela de aventuras e misterio na que diferentes tramas e personaxes conflúen no inverno de 1924 na cidade de Vigo visitou este venres 2 de febreiro a nosa biblioteca e falou do seu oficio de escritora co alumnado do club de lectura.
Que fan os parrulos cando os ríos se xean? Con esta pregunta remata a lectura de Verdade de Care Santos.
Que fan os parrulos cando os ríos se xean?
Con esta pregunta rematou a lectura de Mentira, o libro de Care Santos.
E tamén co desexo de continuar lendo Verdade. Algunhas das achegas finais da novela foron as seguintes:
Conseguiu engancharnos.
Era moi dramático.
Ten un final sensato.
Non sei que dicir de Ben. É bo e malo á vez.
Xenia e Marcelo queríanse. Sabían todo deles.
Máis cárcere que o que tiña na vida Marcelo non era. A súa situación era extrema na vida, por iso, prefería estar dentro.
O CLUB DE LECTURA comeza o curso 2023/24 con estas dúas novelas: Mentira de Care Santos e Morning Star de Xosé Miranda.
O club de lectura do IES Val Miñor comeza con estas dúas novelas. A primeira pensada para a ESO e a segunda para Bacharelato.
O CLUB DE LECTURA O NIÑO DO BRIÓN COMEZA UNHA NOVA ANDAINA NESTE CURSO 2023-24.
O club de lectura do IES VAL MIÑOR comeza un novo curso con renovadas ilusións e con máis participantes que nunca.
Boa lectura para todos e todas!.
A FURGOLIBRO DA TÍA NI
O mércores 9 de novembro tivemos con nós a Nieves e a súa Furgolibro. A tía Ni, como tamén a coñecen, explicounos que traballara durante anos nunha editorial, e cando esta pechou, lonxe de abandonar os libros, convertiunos no seu motor de vida grazas á Furgolibraría coa que percorre pobos e aldeas galegas para cumprir cun soño que hoxe é realidade: que os libros cheguen a cantos queiran aprender e gozar con eles.
Un bo lote destas lecturas, seleccionadas polo noso alumnado, quedarán para sempre na nosa biblioteca agardando a que sexas ti quen queira gozar e aprender con elas.
Grazas, Nieves!!
LECTURAS DO CURSO 2021-22 DO CLUB DE LECTURA O NIÑO DO BRIÓN
Club Lectura de Adela Mirás Calvo
Pintando Versos
Para recibirmos a Joaquín Araújo o pasado mes de abril, engalanamos o centro con ilustracións feitas polo alumnado a partir dunha escolma de poemas onde se recollía o amor pola terra e a natureza.
Velaquí o resultado deste proxecto interdisciplinar onde participous alumnado de distintas etapas coa participacións dos departamentos de Educación Plástica e Visual, Bioloxía e Xeoloxía, Lingua Galega e Literatura e ao coidado da Biblioteca e o EDLG.
- 1
- 2
- 3
- 4
- seguinte ›
- última »